Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
9/2/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Segundo a propia memoria de actividade da Inspección de Traballo, esta reduciu un 25% a súa actividade no campo da Prevención de Riscos Laborais durante a crise

ITSS
A Inspección de Traballo reduciu un 25% a súa actividade no campo da Prevención de Riscos Laborais durante a crise, aínda que aumentou a frecuencia de requirimentos, o que claramente supón unha substancial rebaixa das súas actuacións, especialmente aquelas que finalmente van aparelladas a sancións, incrementando e intensificando en cambio a súa acción asesora. Maneira de proceder esta absolutamente inaceptable se temos en conta o constante incremento da sinistralidade laboral e a súa gravidade que se está a producir nos últimos anos.

Entre os anos 2009 e 2016 a Inspección de Traballo, segundo a memoria anual de actividades que publica, reduciu o número de actuacións no campo da prevención de riscos laborais un 22%, pasando de 366.196 a 287.703, como se pode observar na  táboa da imaxe -premer nela para ampliar-.

Maior aínda pódese considerar o descenso do número de sancións propostas, que baixa un significativo 30% pasando de 23.492 a 16.128. Descendendo ademáis o importe das devanditas sancións case á metade do que supuña no ano 2009, pasando de case 80 millóns de euros a tan só 43 millóns de euros.

Pola contra en cambio, a frecuencia dos requirimentos realizados increméntase notablemente. Así,  se no ano 2009 por cada proposta de sanción efectuábanse uns cinco requirimentos, no ano 2016 a proporción foi superior, algo máis de seis requirimentos por sanción tramitada. Iso indícanos con claridade unha importante e intencionada laxitude na actuación inspectora da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de prevención de riscos laborais e seguridade dos/as traballadores/as, atopándonos cun xiro nas actuacións da Inspección de Traballo nesta materia, que dun modo ao noso entender absolutamente inxustificado, tendo en conta os constantes incrementos da sinistralidade laboral dos últimos anos, proceden a realizar menos sancións aos empresarios, realizándolles en cambio un maior número de requirimentos. Á vista está que este xeito de proceder, ao noso entender como consecuencia das indicacións políticas realizadas polo actual Goberno do PP, non só non tiveron ningún éxito en termos de redución da siniestralidade laboral, senón que máis ben ao contrario supuxeron e están a supoñer un substancial incremento dos riscos laborais que está a sofrer o conxunto da clase traballadora.

Fontes consultadas:

Memoria de Actividades da ITSS

Prevención Integral & ORP Conference

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais