Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
8/1/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Segundo recentes estudos, a Institución de Seguridade e Saúde Ocupacional (IOSH) advirte que o uso regular de desinfectantes relacionase cun maior risco de enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC)

HIXIENE
Segundo diversos informes, o uso de lixivia e outros desinfectantes comúns unha vez á semana podería aumentar o risco de desenvolver enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) ata nun 32%, segundo investigadores de Estados Unidos e Francia.

Un estudo de seguimento de 30 anos realizado por científicos da Universidade de Harvard e o Instituto Nacional de Saúde e Investigación Médica (Inserm) de Francia, analizou a incidencia da enfermidade en máis de 55.000 enfermeiras nos Estados Unidos e identificou un vínculo entre o uso de lixivia e desinfectantes e unha maior incidencia de EPOC.

Algunhas das tarefas que involucraban a exposición frecuente a desinfectantes, tales como a limpeza de superficies e a presenza de certos produtos químicos específicos en desinfectantes, asociáronse cun 22% a 32% máis de risco de desenvolver EPOC.

A EPOC, que afecta a un número estimado de 1,2 millóns de persoas no Reino Unido, é responsable de case 25.000 mortes en Inglaterra cada ano, a terceira taxa de mortalidade máis alta de Europa, segundo The Guardian. Os autores do informe dixeron que a EPOC é unha enfermidade crecente en todo o mundo. "Converteuse nun importante problema relacionado co traballo, pero a miúdo non é ben identificado e por tanto está sub-diagnosticado".

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica asóciase con axentes de exposición ocupacional específicos, incluíndo po de minas de carbón, amianto, sílice, fumes de soldadura e corte, po de cemento, fumes diesel, pintura en aerosol, disolventes orgánicos e posiblemente fibras artificiais.

O uso de desinfectantes asociouse previamente cun maior risco de problemas respiratorios como a asma. Con todo, crese que o novo estudo é o primeiro en identificar un vínculo entre a EPOC e os produtos químicos de limpeza coñecidos como compostos de amonio cuaternario. "Os efectos adversos potenciais da exposición aos desinfectantes na EPOC recibiron moita menos atención, aínda que dous estudos recentes en poboacións europeas mostraron que o traballo como limpador asociouse cun maior risco de EPOC", dixo Orianne Dumas, investigadora do Inserm.

Os investigadores analizaron os datos dun estudo masivo de persoal de enfermería nos Estados Unidos, realizado pola Universidade de Harvard en 1989. En 2009, os investigadores observaron aos que seguían traballando como enfermeiros que non tiñan antecedentes de EPOC e seguíronos ata maio 2017. Durante ese período, 663 foron diagnosticados de EPOC. Avaliouse a exposición das enfermeiras a través dun cuestionario e tomouse en conta a idade, o índice de masa corporal e a etnia dos suxeitos, o que podería haber distorsionado os resultados. O uso diario de lixivia non ten recomendacións específicas de saúde. Inserm di que os achados do informe poñen de relevo a necesidade de directrices para a limpeza e desinfección en contornas de atención médica como hospitais para actualizar e ter en conta riscos de saúde ocupacional.

 

Fonte: IOSH

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais