Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
5/3/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Introdúcese a semana laboral de 28 horas en Alemania

PSICOSOCIAL
O crecemento sostido en Alemaña reduciu o paro a mínimos históricos, situación que aproveitou o principal sindicato industrial do país, IG Metall, para conseguir, tras unha serie de paros e negociacións, que parte dos obreiros alemáns gocen dun aumento de soldo e poidan optar a unha semana laboral de 28 horas.

Polo momento, esta mellora só afectará o estado de Baden-Wüttemberg, esperándose que paulatinamente se estableza noutros estados.

O acordo consiste na introdución opcional dunha semana de 28 horas laborais, un incremento de salario do 4,3%, ademais doutros pagos mensuais en forma de pluses e beneficios, e a posibilidade de substituír unha porcentaxe da paga extra por oito días libres.

En relación á xornada laboral, establécese unha xornada laboral de 28 horas (salario prorrateado e con acceso aos mesmos aumentos que o resto dos compañeiros), opcional durante un período de dous anos; esgotado este período poderá recuperar a xornada de 35 horas e o seu salario orixinal.

Posibilidade de acceder a semanas laborais de 40 horas no caso de que o empregador queira aumentar a produción. Aumento salarial do 4,3% a abonar ao longo de 27 meses; O empresario terá a posibilidade de conxelar as novas pagas extras se a economía empeora.

O obreiro/a, poderá substituír unha porcentaxe da nova paga extra por oito días libres (para coidar a nenos, anciáns e familiares).

Alemaña foi pioneira na introdución da semana laboral de 35 horas a mediados dos oitenta, tamén da man de IG Metall. Naquel momento tamén a mellora na xornada iniciouse nos estados do sur que contan cunha mellor posición económica, para estenderse posteriormente ao resto de Alemaña.

Para explicar o éxito desta negociación hai que ter en conta por unha banda o peso do sindicato IG Metall, que aglutina a catro millóns de traballadores e conta cunha tupida rede de representantes sindicais nalgunhas das industrias manufactureiras máis importantes do país, por outra o sistema de resolución de conflitos vixente en Alemaña: os/as representantes sindicais teñen representación nos consellos directivos das empresas, e as reivindicacións duns e outros sempre pasan por mesas de debate (o que non implica que os acordos satisfagan a ambas as partes ou que a negociación sexa fácil), e finalmente o momento económico no que se produce: despois dunha época de crise e precariedade no emprego, a economía alemá reactivouse, creceu de forma sostida, asegurou a súa estabilidade e o desemprego baixou (tanto que ou problema das grandes empresas alemás é a carencia de traballadores cualificados).

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais