Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese/Artigos
Contacto
5/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais

Xornada de Presentación
23 de decembro de 2011. Hotel Hesperia Ferrol. Inicio: 10.00 horas. Remate: 12.30 horas

O pasado 23 de decembro do 2011 celebrouse no Hotel Hesperia de Ferrol, o acto de presentación da publicación "Estudo sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais", financiada pola "Fundación para la Prevención de Riesgos Laborales".

Na actualidade, no contexto das economías industrializadas e particularmente na Unión Europea, a calidade de vida dos seus cidadáns e cidadás dende a perspectiva do equilibrio entre traballo e vida, constitúe un reto para as súas sociedades.

O obxectivo central deste estudo é verificar a relación entre a xornada laboral e as súas características (flexibilidade, variedade, adaptabilidade e duración), a saúde física e psicosocial das persoas traballadoras e a productividade das empresas

O resultado deste traballo preséntase en tres formatos: unha versión extensa, unha versión executiva e un Catálogo de recomendacións

Os contidos do manual "Estudo sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais"   pode descargarse, tanto en galego como en castelán, no apartado desta páxina web Publicacións Gabinete contido en  Recursos Técnicos, a través de Publicacións no fondo da páxina ou directamente premendo aquí: versión extensa, versión executiva, catálogo de recomendacións  (acceso á versión en galego)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011