Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
4/9/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: dor : : espalda :

Unha ferramenta novidosa contra a dor de costas

ERGONOMÍA
Esta nova tecnoloxía permite realizar o diagnóstico e a cuantificación, de forma segura e rendible, de cambios patolóxicos ou anomalías asociadas a esta parte do corpo. Científicos europeos desenvolveron unha innovadora ferramenta coa que reconstruír a cinemática, a cinética e a dinámica do sistema músculo-esquelético da parte inferior do corpo.

 

Esta nova tecnoloxía permite realizar o diagnóstico e a cuantificación, de forma segura e rendible, de cambios patolóxicos ou anomalías asociadas a esta parte do corpo.

A dor de costas e, máis en xeral, da parte inferior do corpo, é unha afección bastante común. Por norma, é necesario recorrer a radiografías ou métodos invasores que determinen os cambios patolóxicos causantes, para o que se precisa o desenvolvemento de equipo apropiado que permita efectuar medicións tridimensionais coas que analizar parámetros clínicos funcionais da parte inferior do corpo.

Ante esta situación, os responsables do proxecto financiado con fondos europeos Aurora propuxéronse desenvolver e construír un sistema económico para reconstruír os movementos músculo-esqueléticos a partir dos volumes explorados da parte inferior do corpo.

Tecnicamente, o obxectivo era desenvolver un prototipo de sistema capaz de extraer datos superficiais anatómicos das extremidades inferiores do corpo humano. Con este fin, desenvolveuse un método baseado na proxección de franxas mediante láser e a reconstrución mediante triangulación para realizar medicións tridimensionais tendo en conta o factor tempo.

Desenvolvéronse modelos músculo-esqueléticos das extremidades inferiores empregando datos superficiais do corpo e integrando os coñecementos de biomecánica existentes. Desenvolveuse un programa informático exprofeso e se adaptáron cámaras aos requisitos do novo dispositivo.

O sistema Aurora presenta grandes probabilidades de aplicación no ámbito clínico ao non emitir radiacións e ser capaz de realizar diagnósticos dinámicos. Se se consegue producilo a un prezo asequible, espérase que resulte beneficioso para as moitas persoas afectadas de doenzas músculo-esqueléticas.

 

Fonte: cordis.europa.eu

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011