Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
29/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 23

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
As Empresas de Traballo Temporal, ETT, representan por definición a temporalidade e a inseguridade na contratación, afianzando o modelo da precarización laboral; por norma xeral o/a traballador/a non só perde dereitos, estabilidade e salario, senón que ademais, perde en seguridade e en saúde laboral: a esixencia de rapidez na resposta requirida polas empresas usuarias á prestación de servizos das ETT, constitúe unha das principais características á vez que limitación ou dificultade para levar a cabo unha axeitada coordinación preventiva entre ámbalas dúas empresas, da que se derivan múltiples problemas e deficiencias que afectan tanto á coordinación como ás propias condicións de traballo en termos de prevención de riscos e seguridade laboral. O Grupo de Traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo encargado de identificar e buscar solución a estes problemas, ten identificado unha serie de deficiencias preventivas, que poderían ser subsanadas a través da implementación dun catálogo de boas prácticas en materia de coordinación empresarial e formación entre as ETT e as Empresas Usuarias.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 21 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

No sumario deste número atopamos baixo o epígrafe A Fondo, o artigo "Seguridade e saúde laboral dos/as traballadores/as de ETT: boas prácticas en coordinación empresarial e formación", que inclúe un Informe sintético do Grupo de Traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo creado co fin de identificar deficiencias en relación a estos temas e aportar posibles solucións.

Dentro do capítulo denominado Información, o Boletín acolle os artigos "A dixitalización e o futuro do emprego" e "Estratexia "visión cero"". 

En Colaboración contamos co artigo "Radón un risco para ter en conta" de Ricardo Pol Sánchez, arquitecto e autor de "FORMA E RADON, estudo sobre a incidencia do deseño arquitectónico na concentración de gas radon e os seus descendentes en interiores".

Para rematar, baixo o epígrafe Sabías que...?, o artigo "Formaldehido: canceríxeno de categoría 1B".

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais