Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
29/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Condenados por xerar residuos tóxicos de amianto

Amianto
O Penal 3 de Xaén ditou a primeira condena na provincia por un delito contra o medio ambiente por demoler un tellado de fibrocemento sen permiso. Os catro procesados recoñeceron os feitos e admitiron castigos que oscilan entre os tres meses e os dous anos de cárcere. Os feitos tiveron lugar en xuño de 2015, ao desmontar os tellados dunha antiga cerámica de Bailén. O tellado da nave estaba cuberto por uns 3.400 metros cadrados de placas de uralita “en moi mal estado de conservación”, que podía emitir ao ambiente fibras de amianto, un residuo considerado “moi tóxico e perigoso”.
 A sentenza especifica que os propietarios da fábrica coñecían o risco que supoñía retirar a uralita sen permiso. Aínda así, contrataron a un construtor para que realizase a demolición do edificio e a un transportista para que se desfixese dos cascallos.  Segundo a resolución xudicial, os promotores carecían das  licenzas e autorizacións para levar a cabo a demolición proxectada, “incumpríndo a normativa ambiental”. “Coñecían que con eses traballos e a fractura das placas de fibrocemento liberaríanse fibras de amianto á atmosfera, con diámetros respirables para as persoas, co consecuente prexuízo para a calidade do aire e para a saúde pública”. Os dous propietarios da nave foron condenados a dous anos de cárcere por un delito contra o medio ambiente. O transportista aceptou un castigo de tres meses de prisión polo mesmo delito, aínda que en grao de tentativa. E o construtor foi declarado autor dun delito contra os dereitos dos traballadores, con pena de seis meses de cárcere, xa que contratou a catro operarios para demoler a nave e non lles facilitou as medidas de seguridade necesarias para manipular o fibrocemento. 
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais