Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
27/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Finalizado o cumio sobre o clima con escasos avances

Clima
Está previsto que o Acordo de París, marco xeral da loita contra o cambio climático, comece a aplicarse en 2021. Os negociadores/as reunidos en Bonn no denominado COP23, veñen de traballar na elaboración dos regulamentos de desenvolvemento do Acordo de París; temas como a contabilidade das emisións de cada estado así como a financiación terán que esperar para ser resoltos á reunión prevista para finais do vindeiro ano na cidade polaca de Katowice, na data tope que marca o propio acordo.

Os países en desenvolvemento tentaron asegurar que os Estados desenvolvidos acheguen os 100.000 millóns de dólares anuais comprometidos para financiamento climático (posta en marcha de estratexias de recorte de emisións de gases de efecto invernadoiro e adaptación aos efectos negativos do quecemento) comprometidos no Acordo de París a partires de 2020, presionando sobre as cuantías de aportacións anuais e a posibilidade de coñecelas con anterioridade. No aspecto financieiro, a saída dos EEUU, anunciada por Donald Trump, do Acordo de París no horizonte do 2020, supón que se reducirá o número de Estados desenvolvidos que deben achegar as cantidades acordadas.

Este anuncio supuxo ademáis un revés para a esta alianza contra o cambio climático, que logrou en París, tras dúas décadas de negociacións, un acordo para recortar emisións. Destacar que neste cumio anunciaron que asinarán o Acordo de París Nicaragua e Siria.Ligazón á web informativa sobre  COP23

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais