Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese/Artigos
Contacto
24/1/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Unha correcta hidratación no traballo “mellora a productividade e reduce custos sanitarios por accidentes ou enfermidade”

SAÚDE LABORAL
Unha deficiencia do 1 por cento do peso corporal “relacionouse con diminución do rendemento físico”, mentres que unha deshidratación do 2 por cento “afecta xa ao rendemento intelectual”. Isto pode alterar a memoria a curto prazo, a atención, a sensación de fatiga ou as facultades aritméticas. Ademais, a velocidade psicomotriz ou a rapidez na toma de decisións perceptivas pode verse reducida.

Un manual presentado pola compañía Coca Cola  establece a hidratación como “ferramenta esencial de promoción da saúde laboral”.

Os responsables da empresa de bebidas refrescantes en España, consideran que unha correcta hidratación pode previr accidentes laborais e “situacións de baixo rendemento”. Ademais, aseguran que “pode mellorar a sensación de benestar” dos empregados. Para iso, a guía ofrece recomendacións específicas de hidratación segundo a clase e características do traballo que se desenvolva.

O manual está dirixido a concienciar aos profesionais da saúde, directivos e autoridades. Segundo o seu texto, débense “establecer pautas para repor a cantidade adecuada de líquidos durante a xornada na empresa e que estas formen parte dos protocolos laborais”.

Niso inflúen a intensidade e duración do traballo ou as condicións ambientais nas que se realice. En casos extremos, como a minería e a construción, as perdas hídricas “poden ser de gran magnitude” non só polo esforzo e as condicións, senón tamén polo carácter continuado da actividade laboral.

Noutras circunstancias tamén pode ser prioritaria a hidratación, como se dá nos traballos industriais. A roupa hermética ou o equipamento de protección poden afectar á saúde do traballador se non repón líquidos. Ademais, o aire acondicionado das oficinas “pode provocar sequedad”, manteñen.

Un dos obxectivos da guía é que o traballador xa chegue suficientemente ben hidratado ao seu posto laboral. Pero aínda así, é necesario beber cada hora, tomándose un descanso para facelo de forma adecuada.

Por último, na guía obsérvanse as consecuencias de non beber o suficiente líquido recomendado. O aumento da presión cardiovascular e do ritmo cardíaco de forma progresiva, o que deriva nun aumento da percepción de fatiga, pode ser unha das consecuencias de non hidratarse correctamente.

 

Fonte: MedicinaTV

Con la financiación de/ Co financiamento de:
Acción DI-0015/2009; Acción AD-0002/2011