Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/6/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

T+55: Valoración da capacidade funcional para o traballo (III)

TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Como consecuencia do deterioro e limitación das súas condicións físicas, nunha cuarta parte dos casos os/as traballadores/as maiores de 55 anos (T+55) vense obrigados a diminuír a carga e a intensidade do seu traballo. O proceso de envellecemento asóciase a unha maior prevalencia do deterioro sensitivo, constintuíndo un factor cunha notable importancia no incremento das posibilidades de ter un accidente de traballo.

Deterioro sensorial

Como consecuencia do deterioro e limitación das súas condicións físicas, nunha cuarta parte dos casos os/as traballadores/as maiores de 55 anos (T+55) vense obrigados a diminuír a carga e a intensidade do seu traballo. O proceso de envellecemento asóciase a unha maior prevalencia do deterioro sensitivo, constintuíndo un factor cunha notable importancia no incremento das posibilidades de ter un accidente de traballo.

Das capacidades sensoriais  que adoitan experimentar un importante deterioro destacan a visión e a audición. No caso da discapacidade auditiva, esta cobra unha especial relevancia, podendo chegar a ser até tres veces superior á discapacidade visual experimentada. Dito deterioro prodúcese en moitas ocasións debido a unha longa exposición laboral do/a traballador/a a altos niveis de ruído.

A necesidade de considerar con carácter prioritario a valoración funcional destes dous sentidos, deriva tanto da magnitude do deterioro que estes poden alcanzar, como da relevancia dos mesmos na interacción do/a traballador/a coa contorna laboral na que realiza o desenvolvemento das súas tarefas .

O envellecemento deteriora a capacidade auditiva afectando de maneira singular á percepción das frecuencias altas maiores de 1.000Hz. A perda de capacidade auditiva afecta máis aos homes que as mulleres e constitúe unha importante disfunción que orixina dificultades para entender a linguaxe falada.

A exploración da capacidade auditiva resulta imprescindible realizala non só nos casos nos que as tarefas que realiza o/a traballador/a conlevan unha demanda específica desta capacidade, senón tamén naqueles postos con riscos relacionados de carácter músculo-esquelético, respiratorio, cardiovascular e neurolóxico cando haxa probabilidade de caídas.

A alteración ou deterioro visual do T+55 pode ser causado por incrementos nos factores de risco de enfermidade ocular debidas á exposición solar ou lesións oculares derivadas de exposicións a químicos, po, radiacións, soldaduras, produtos agrícolas, penetración de corpos estraños, etc., moi frecuentes en múltiples tipos de traballo. Mais tamén está demostrado que coa idade altéranse as propiedades ópticas do globo ocular, reducíndose a nitidez das imaxes na retina e alterando o seu cromatismo; diminúe tanto a agudeza visual como a sensibilidade ao contraste, e redúcese a capacidade visual para percibir a profundidade producíndose unha diminución do campo visual e da coordinación ollo-man.

Co aumento da idade tamén diminúe a capacidade sensorial dos receptores de presión, diminuíndo a capacidade de detectar sinais de presión, incluso as relacionadas con tarefas sinxelas. Asemade en moitos casos prodúcese unha menor sensibilidade á dor das terminacións térmicas, desaconsellándose nestes casos expoñer aos T+55 a fontes circunstanciais de calor ou frío así como a condicións climáticas extremas. Son moitas as ocasións nas que profesións e postos de traballo con altas demandas físicas están sometidos a temperaturas extremas e/ou a intemperie, sendo necesario realizar unha valoración da capacidade funcional cardiovascular e respiratoria en condicións reais de traballo.

Deterioro aeróbico

Como promedio, a partir dos 55 anos de idade a capacidade aeróbica diminúe nun 30% en relación á que podía ter un traballador/a con 25 anos, circunstancia esta que inflúe notablemente na capacidade adaptativa dos/as T+55 en ambientes con temperaturas extremas, sendo aconsellable neste sentido establecer restricións preventivas.

A partir dos 30 anos de idade o proceso natural de envellecemento conleva unha diminución progresiva da capacidade respiratoria, cunha diminución dos seus niveis de fluxo e volume, á vez que a nivel cardiovascular aparecen as primeiras sinais de arteriosclerose e un incremento das resistencias circulatorias periféricas, con alteracións cardioeléctricas e do ritmo cardiovascular.

Deterioro neurolóxico

A nivel neurolóxico prodúcense diversos cambios cerebrais así como con distintas intensidades dependendo de cada suxeito: diminución de neurotransmisores, atrofia cerebral, arteriosclerose, enlentecemento dos reflexos e tempos de reacción, menor tolerancia á dor ou diminucións na memoria e a capacidade de aprendizaxe.

O deterioro das capacidades cognitivas pode ter influencia no desempeño do traballo, debido a factores como á diminución da velocidade de procesamento da información, o deterioro da memoria ou a diminución das capacidades de percepción e atención.  O deterioro da memoria e da capacidade de atención dificulta tanto o procesamento de mensaxes múltiples como a aprendizaxe de novos conceptos, especialmente cando estes están asociados a tarefas desestruturadas ou a procedementos novos pouco comúns. Nestes casos as capacidades do/a T+55 deberán estar en consonancia coas dificultades e o grao de esixencia das tarefas a desenvolver, debéndose en todo caso evitar situacións susceptibles de xerar estrés e  excesiva presión mental. En todos os casos, o estado cognitivo dun traballador/a non pode nin debe comprometer nin a súa seguridade ni a de outros/as traballadores/as que se poidan atopar no centro de traballo.

Ante a presión existente para retrasar a idade de xubilación, faise imprescindible impulsar o desenvolvemento das valoracións funcionais dos/as traballadores/as de maior idade, identificando os riscos ergonómicos e psicosociais aos que estes se ven sometidos na súa contorna laboral. Resulta necesario determinar o grado de axuste existente entre as capacidades do/a traballador/a e as demandas e esixencias das tarefas que desenvolve, para así poder implantar as medidas de adaptación ou de cambio que en cada caso sexan necesarias na protección da súa saúde e integridade.

Documentos
T+55 Valoración da capacidade funcional para o traballo (III).pdf
T+55 Valoración de la capacidad funcional para el trabajo (III).pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais