Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
23/2/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Seguridade e saúde laboral para traballadores/as maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes

GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
Coa apertura e posta en marcha deste espacio web: “Seguridade e saúde laboral para traballadores maiores de 55 anos: riscos novos e emerxentes”, damos comezo a unha modesta iniciativa de análise e información da problemática que afecta aos traballadores maiores de 55 anos en materia de prevención de riscos e saúde laboral. Este espazo web, ubicado dentro da plataforma www.cigsaudelaboral.org, disporá progresivamente dunha estructura de contidos e recursos específicos sobre riscos, riscos novos e emerxentes, e habitos saudables referidos a este colectivo.

A redución da natalidade nas denominadas "sociedades avanzadas"  unido a avances médicos e mellores condicións de vida, derivan nun progresivo e xeralizado envellecemento da poboación en xeral e dos traballadores e traballadoras en particular.

Segundo datos da Enquisa de poboación activa correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2015, un 14% da poboación ocupada corresponde a traballadores/as maiores de 55 anos. Porcentaxe que previsiblemente verase incrementada nos vindeiros anos como consecuencia da actual coxuntura económica e social que promove a prolongación da vida laboral, como medio para garantir a viabilidade do sistema de pensións. Esta situación da lugar a un aumento da idade media dos/as traballadores/as nas empresas,  así como ao incremento da proporción dos mesmos/as en relación a traballadores/as de menor idade.

O proceso de envellecemento conleva cambios morfolóxicos, fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais que poden afectar ao desenvolvemento da actividade laboral; diversos estudos realizados na UE indican que a participación laboral dos/as traballadores/as de maior idade está en gran medida determinada polas limitacións a alteracións que se producen na súa saúde.

Por outra banda, os rápidos avances tecnolóxicos, a aparición de novos procesos productivos, os cambios económicos, sociais e organizativos, están a xerar novos contextos laborais que derivan en moitos casos en novos riscos para a seguridade e a saúde dos/as traballadores/as.

Coa posta en marcha deste novo espazo queremos animar á reflexión sobre a incidencia dos riscos novos emerxentes na saúde dos/as traballadores/as maiores; tamén queremos poñer en disposición distintos materiais que axuden a valorar a importancia que ten e terá nun futuro próximo este tema para o conxunto da sociedade, e mesmo presentar propostas de medidas preventivas e hábitos de vida saudables que, ao noso entender, poidan axudar a eliminar/controlar os riscos novos e emerxentes que afectan ás traballadoras e aos traballadores maiores de 55 anos, co fin último de mellorar a súa vida laboral.

 

Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicten necesariamente a opinión da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais