Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/5/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Traballadores/as de idade avanzada: xubilación e traballo

Traballadores/as maiores de 55.
Como xa fixemos en ocasións anteriores, o presente artigo ten por obxecto recomendar a lectura e análise dun documento que recolle unha serie de conclusións que nos parecen moi axeitadas en relación aos contidos que tratamos nesta área adicada a traballadores/as maiores de 55 anos. Tratase dun documento elaborado por Yolanda Sánchez-Urán Azaña, Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense de Madrid. Nel analízanse as analoxías pero á vez as complicacións legais que comportan, debido ao deseño da lexislación laboral no dereito español, as medidas que se teñen implementado dende o Goberno para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores/as de maior idade.

Un aspecto fundamental analizado no texto que nos parece de especial relevancia, ten que ver coa idea de que o RD Lei 5/2013, de 15 de marzo, promulgado para favorecer a continuidade na vida laboral dos traballadores/as de maior idade, no marco dos requirimentos e medidas que a Unión Europea impón ao Estado español co gallo de cumprir o obxectivo da “prolongación da vida activa ou profesional dos traballadores/as de idade avanzada” está a provocar certas discrepancias có dereito anterior aínda vixente.

No texto se fai referencia a unha idea, que podemos compartir plenamente, que é a de que ademais das medidas que a Unión Europea lle impón ao Estado, unha causa da promulgación desta norma é o intento de mitigar o impacto negativo do envellecemento da poboación sobre o sistema financeiro e presupostario da Seguridade Social, que pretende non só que os traballadores/as  non cesen a súa actividade antes da idade legal se non que, permanezan na vida activa unha vez cumprida esa idade. Se analiza a entrada en vigor desta norma como “norma de urxencia” que reabre ou expón problemas relevantes no ordenamento xurídico, pois non se trata de medidas integrais, se non que son unicamente puntuais.

Igualmente, da lectura do texto se desprende a idea de que pese a que a Unión Europea suxírelle ao Estado español unha serie de medidas concretas encamiñadas á mellora do envellecemento activo, ao perfeccionamento na aprendizaxe para mellorar as condicións laborais e fomentar a reincorporación dos/as traballadores/as de maior idade ao traballo, realmente non son estas as que se abordan neste RD Lei.

Da análise deste documento podemos entender ou extraer a idea da necesidade de incidir na normativa para adaptar as condicións laborais ou de xubilación de traballadores/as maiores de 55 anos, pero sen facelo de xeito “arbitrario” e con normas con carácter de urxencia, de xeito que non se produza unha incongruencia entre a aplicación transitoria da regulación anterior e a aplicación gradual da nova, feito  que restrinxe e limita a eficacia da normativa en vigor.

Pese a ser un documento un pouco extenso, é recomendable a súa lectura como elemento para entender as desigualdades e as dificultades, así como as vantaxes, que o dereito pode propiciar a traballadores/as maiores cando deciden poñer fin á súa actividade laboral.

 

Ligazón ao documento “Traballadores de idade avabzada: xubilación e traballo

Documentos
Traballadores de idade avanzada. Xubilación e traballo.pdf
Trabajadores de edad avanzada. Jubilación y trabajo.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais