Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Un xulgado de Oviedo recoñece a tendinite de ombreiro como enfermidade profesional de caixeira de supermercado

Sentenza
A sentenza considera que existe unha relación directa entre a lesión os movementos de brazo, cóbado e ombreiro que debe realizar para alcanzar os produtos desde a cinta e pasalos ata o lector de prezos. Tanto mutua como a empresa desligaban a enfermidade que padece a traballadora da súa actividade profesional, considerando a doenza como enfermidade común.

Considerase probado que a situación de baixa temporal, iniciada pola traballadora, en agosto de 2016, foi orixinada por unha enfermidade profesional incardinable no Cadro de Enfermidades Profesionais do ano 2006. A sentenza avala a argumentación esgrimida polos letrados que defenderon á traballadora así como polo asesor xurídico do INSS, quen coincidía cos letrados en que no seu traballo como caixeira,  debía executar movementos repetitivos que afectaban o seu brazo, cóbado e ombreiro, «ao ter que pasar produtos polo lector de prezos de forma continua e ter que alcanzalos».A maxistrada-xuíz comparte o criterio de que non son movementos comparables aos dun escaiolista ou pintor, «pero non hai que esquecer que a norma non impón un numerus clausus en canto a profesións que poidan encaixar na tipoloxía das enfermidades profesionais», recalca na sentenza. O real decreto de 2006 expón que a patoloxía tendinosa crónica do manguito dos rotadores relaciónase con traballos que se realizan «cos cóbados en posición elevada ou que tensen os tendóns ou bolsa subacromial, asociándose a accións de levantar e alcanzar e ao uso continuado do brazo en abdución ou flexión». E non inclúe a actividade de caixeira nos exemplos recompilados no código.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais