Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/12/2017
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, FSP
A Secretaría de Estado de la Seguridad Social a través de La Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales, F.S.P. (FEPRL), ven de conceder unha subvención á Confederación Intersindical Galega (CIG) para executar a acción “Asistencia técnica en prl e iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prevención, seguridade e saúde no traballo” con código de acción AT2017 - 0081.

Dentro de esta acción están enmarcados os proxectos “Gabinete público de asistencia técnica en prl” e “Iniciativas de información e promoción do cumprimento da normativa de prl: Boletíns períodicos CIG-Saúde Laboral, actualización e mantemento da plataforma www.cigsaudelaboral.org”.

O proxecto "Gabinete público de asistencia técnica en prl" pon a disposición de usuarios e usuarias, ademáis dos puntos de asistencia presenciais ubicados nos locais da CIG de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo, dos que poden atoparse os datos de ubicación e contacto na sección "Contacto" da web www.cigsaudelaboral.org, o servizo de asistencia técnica on line, que posibilita a través da cumplimentación dun sinxelo formulario, accesible dende o espazo específico denominado "Asesoramento técnico" ubicado na portada da web www.cigsaudelaboral.org, que un técnico/a superior en prl contacte co/coa  solicitante a través de correo electrónico ou vía telefónica co fin de axudarlo a resolver o seu problema.

En relación ao Boletín CIG Saúde Laboral, nos vindeiros meses publicaranse os números 26, 27 e 28, que os suscriptores recibirán na súa caixa de correo. Para ser suscriptor, pode tramitarse a alta a través da portada da web www.cigsaudelaboral.org.

E para rematar, traballaremos para ampliar contidos e mellorar a usabilidade da web www.cigsaudelaboral.org, a fin de que resulte máis cómoda e poida atoparse a información en materia de prl e saúde laboral que buscas nun click.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais