Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/5/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Segue a incrementarse o número de accidentes laborais

Sinistralidade
Os datos de sinistralidade laboral referidos a 2017, 583.425 accidentes laborais con baixa, representan o cuarto incremento consecutivo da sinistralidade. O primeiro trimestre do 2018 continúa coa tendencia á alza: 52 mortes en accidente laboral, 10 máis que no mesmo período do ano anterior o que significa un incremento do 23,8%.

Entre os principais motivos de sinistralidade están os accidentes de tráfico, tanto en itínere como in mision, e os choques e golpes contra obxectos inmóbiles,como as caídas ou tropezos que supuxeron 10.076 accidentes só no mes de xaneiro.

Os sectores con taxas máis elevadas de sinistralidade son os de comercio, industria ou construción.

Máis información sobre datos de sinistralidade laboral

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais