Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español (período 1990 - 2014)

Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e igualdade
Na Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020, aprobada en abril de 2015, estabelecese que a prevención das enfermidades profesionais é un dos ámbitos sobre os que se debe traballar de maneira máis intensa, especialmente nos sectores e actividades con maiores índices de incidencia. Para iso resulta imprescindible promover o estudo e a investigación das enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo, identificando mellor os axentes causantes, os seus efectos e as medidas de prevención. Así, dentro das liñas de actuación marcadas no obxectivo 3 atópase: "Mellorar e promover o estudo e a investigación de enfermidades profesionais, así como a detección e comunicación das mesmas, coa máxima de antepoñer a prevención á rehabilitación", marcando como prioridade para 2015-2016 a "realización dun estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español no período 1990-2014, que permita coñecer as tendencias e orientar a prevención, correspondendo ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a súa elaboración".

Entre os resultados do traballo, atópamos que no período que abarca o estudo (1990 - 2014) notificáronse no Estado español un total de 388.829 EP, correspondendo o 63 por cento a homes e o 37 por cento a mulleres.As EP máis frecuentes foron as provocadas por axentes físicos (o 81,6% das declaradas), seguidas das enfermidades da pel (8,9%), das causadaspor inhalación de sustancias e axentes non comprendidas noutros apartados (3,1%) e as causadas por axentes biolóxicos (3,1%)

Ligazón ao Estudo epidemiolóxico das enfermidades profesionais no Estado español (período 1990 - 2014)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais