Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/5/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Campaña "Lugares de traballo saudables en cada idade"

Traballadores/as maiores de 55.
No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir.
A idade no foco de atención das institucións da UE

Segundo  datos que proporciona a propia EU, no horizonte de 2030 sobre un 30% dos traballadores/as de moitos estados da zona euro terán entre 55 e 64 anos.  Coas medidas de retraso na idade de xubilación, a porcentaxe total dos traballadores e traballadoras maiores de 55 será sen dúbida maior.

No ano 2013 a Comisión Europea pechou un acordo de delegación con EU-OSHA para a realización dun proxecto sobre a seguridade e saúde dos traballadores maiores. A posta en marcha desta iniciativa, indica a preocupación das institucións europeas  por un tema que en breve non deixará indiferente a ningún sector da sociedade: como combinar o envellecemento da poboación traballadora co forzado alongamento da vida laboral que tanto as empresas como os traballadoras e traballadores e teremos que asumir.

Esta nova perspectiva que se presenta precisa dunha reflexión profunda e dunha preparación axeitada no marco das relacións laborais e da seguridade e saúde no traballo.

O incremento da idade de xubilación alongará a vida laboral e aumentará tamén a exposición dos traballadores e traballadoras aos perigos presentes no seu traballo poñendo de manifesto unha serie de novas necesidades en materia de seguridade e saúde.

“Lugares de traballo saudables en cada idade”

É a actual Campaña da Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo “  unha campaña bienal (2016-17) que aborda esta cuestión cos seguintes obxectivos:

  • Promover un traballo sustentable no tempo e un avellentamento saudable da poboación.
  • Resaltar a importancia da prevención e evitar os problemas de saúde ao longo de toda a vida laboral.
  • Asesorar a empresarios/as (incluídas as pequenas empresas) e traballadores/as proporcionando información e ferramentas útiles de xestión da seguridade e saúde no contexto do avellentamento da poboación traballadora.
  • Facilitar o intercambio de información e fomentar as boas prácticas nesta área de traballo

 Este proxecto que iniciou hai pouco a súa andaina pública, concretamente o 15 de Abril de 2016,  contará con varias vías de investigación entre as que estará o estudo das estratexias que están a seguir  empresas que xa están orientando a súa actividade preventiva neste contexto así como as políticas e programas de  estados, tanto membros da UE como non membros, neste eido.

Outro aspecto a ter en consideración deste traballo, sobre todo en relación a resultados obtidos, será ver cómo encaran gobernos de diferentes estados a estimulación da posible volta ao traballo logo de longos períodos de inactividade, derivados tanto de situacións de enfermidade como de desemprego , tendo en conta os cambios nas estruturas produtivas e nas capacidades da poboación traballadora que se pretende recolocar no mercado laboral.

A campaña dispón dun portal web no que se expón en profundidade o problema, os seus obxectivos,  as ferramentas e publicacións dispoñibles, foméntase á participación e se facilita información de distintos eventos e novas relacionados con esta materia.

https://healthy-workplaces.eu/es

Unha das ferramentas que xa está a disposición dos usuarios é a guía electrónica “Lugares de traballo saudables en cada idade”.

Actualmente atópase en inglés pero co tempo será “multilingual”.

Aborda o tema da xestión da seguridade e saúde no traballo no contexto dunha poboación traballadora de maior idade, buscando en última instancia:

  • Crear lugares de traballo seguros e sans para traballadores e traballadoras de todas as idades.
  • Asegurar que as persoas poden chegar ao fin da súa carreira profesional en bo estado de saúde.

Proporciona información práctica, consellos e exemplos relacionados coa poboación traballadora de maior idade e as oportunidades que trae consigo. Tamén amosa como se poden enfocar no traballo os desafíos relacionados coa idade.

A guía está estruturada entorno a catro temas nos que se presentan diferentes aspectos do avellentamento da poboación traballadora e ofrecen ao respecto elementos de información sobre as súas peculiaridades e indicacións para unha xestión da seguridade e saúde axeitadas.

En cada sección inclúense ademais exemplos de boas prácticas e enlaces que permiten afondar máis nos distintos temas.

Os catro temas son os que seguen:

  • Avellentamento e traballo
  • Lugares de traballo saudables para cada idade
  • Promover hábitos saudables nos lugares de traballo
  • A volta ao traballo

Por outra banda, os contidos da guía están pensados para catro tipos de potencias lectores:

  • Empresarios e empresarias
  • Traballadores e traballadoras
  • Profesionais de recursos humanos
  • Profesionais da seguridade e saúde no traballo (incluídos representantes dos traballadores, técnicos e inspectores)

A información está adaptada a cada un destes catro perfís pero o acceso é totalmente libre a cada un deles e pódese cambiar dun perfil a outro en calquera momento.

A guía é de recente creación e polo de agora non está completa, entendemos que é un elemento en evolución que ofrece unha boa posibilidade de acceso a información estruturada e fácil de localizar sobre esta materia.

Pódese acceder á guía a través do enlace que segue: http://eguides.osha.europa.eu/

Documentos
Campaña Lugares de traballo saudables en cada idade.pdf
Campaña Lugares de trabajo saludables en cada edad.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais