Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
10/6/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

As políticas de retorno ao traballo (III). Implantación dos programas de volta ao traballo. Conclusións

TRABALLADORES/AS MAIORES DE 55
Para deseñar e poñer en práctica estes programas contémplase a presenza de asesores e persoal especializado na materia que analice, planifique, poña en práctica e avalíe os resultados.

Dependendo de cada caso particular, algúns exemplos de intervencións que se deben organizar e desenvolver por medio destes programas son as que seguen:

O obxectivo principal debe ser:

- que o traballador/a reciba a axuda necesaria de xeito rápido e eficaz para que poida reincorporarse no seu posto sen que sexa necesaria a adaptación do seu posto.

No caso de non ser posible:

- que o/a traballador/a poida reincorporarse ao seu posto con algún tipo de adaptación

  • Redeseño do posto de traballo
  • Adaptar os equipos de traballo para que sexan máis seguros
  • Adaptar a accesibilidade do lugar/posto de traballo
  • Xornadas laborais flexibles, por exemplo para recibir tratamento médico ou por prescrición médica.
  • Reducións de xornadas
  • Redución da carga de traballo

No caso de que o traballador/a quede incapacitado para realizar ese mesmo traballo

- Redistribución de tarefas

- Recolocación do traballador/a nun posto máis axeitado ás súas necesidades dentro da mesma empresa

- Programas de reeducación profesional no que o traballador se forme para realizar outro tipo de traballo dentro da empresa.

No caso de imposibilidade de permanencia na empresa

- Programas de reeducación profesional no que o traballador se forme para realizar outro tipo de traballo noutra empresa.

Aínda que estes programas non están concibidos de forma específica para traballadores/as maiores de 55, si son unha ferramenta útil a empregar para satisfacer necesidades específicas deste sector da poboación traballadora.

Dende o noso punto de vista, estas políticas e programas son interesantes no seu aspecto integrador e non discriminatorio, potencian os principios da acción preventiva, pero poden supoñer algúns perigos.

- É fundamental garantir que as persoas que non poden traballar teñan cobertura.

- Non deben ser xeneralistas, deben ter en conta as necesidades individuais das persoas e dos traballos que estas realizan ou teñen realizado.

- Non deben ser políticas que creen xubilados ou incapacitados pobres que necesiten traballar para subsistir.

Outro elemento de desconfianza é a xestión das baixas que na actualidade están levando a cabo algunhas mutuas, con numerosos casos de presión a traballadores/as para forzar altas prematuras, tanto por continxencia profesional como común (co control que poden exercer agora tamén neste tipo de continxencias). Ou o feito de que en moitos casos deriven a continxencias comúns casos de continxencias profesionais coas consecuencias económicas que isto pode ter para o traballador/a. Polo tanto, dende o noso punto de vista, estes programas requiren un control das mutuas para unha

- Recuperación “eficaz e real” evitando as altas prematuras forzadas.

 

Referencias:

“ISSA Guidelines on Return to Work and Reintegration”. International Social Security Association, 2013.

http://worker.eguides.osha.europa.eu

“Overview of policy, strategy and programmes in relation to the rehabilitation/return to work of Workers”.European Agency for Safety and Health at Work-EU-OSHA.

Documentos
As políticas de retorno ao traballo III. Implantación dos programas de retorno ao traballo. Conclusións.pdf
Las políticas de retorno al trabajo (III). Implantación de los programas de vuelta al trabajo. Conclusiones.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais