Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
10/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A oruga que come plástico

Residuos
Un grupo de científicos do Instituto de Biomedicina e Biotecnoloxía de Cantabria veñen de descubrir que as larvas da polilla da cera son capaces de masticar e inxerir o polietileno, un dos plásticos máis elásticos, duros e máis empregados: está presente envases para produtos alimenticios e en bolsas, representado o 40% da demanda total de produtos plásticos en toda Europa, onde ata un 38% do plástico acaba en vertedoiros (en todo o mundo usamos ao redor dun trillón de bolsas de plástico cada ano). As larvas do verme de cera (Galleria mellonella) viven na natureza como parasitos nas colonias de abellas. as polillas poñen ovos dentro das colmeas; alí os vermes eclosionan e crecen na cera das abellas.

Segundo indican os científicos, o descubrimento foi casual, cando unha das investigadoras estaba a eliminar as pragas parasitarias dos panales das súas colmeas. Colocou os vermes temporalmente nunha bolsa de plástico e esta quedou infestada de buracos en cuestión de horas.

Esta científica colaborou con expertos do Departamento de Bioquímica da Universidade de Cambridge (Reino Unido) na realización dun experimento cronometrado. Uns 100 vermes de cera foron expostos a unha bolsa de plástico dun supermercado do Reino Unido. Os buracos comezaron a aparecer  en 40 minutos, e despois de 12 horas a masa de plástico reduciuse 92 mg.

Aínda que non é o primeiro descubrimento dun insecto que come o plástico, os científicos afirman que neste caso a degradación é extremadamente rápida en comparación con outros descubrimentos recentes, o que permite afirmar que estas orugas poden supoñer un avance importante na xestión de residuos plásticos.

Ademáis da degradación do plástico, no experimento observouse que os vermes transformaban químicamente o polietileno en etilenglicol, composto químico líquido e espeso, como unha parte da función que realizan nas colmeas, o seu hábitat natural. "A cera é un polímero, unha especie de plástico natural, e ten unha estrutura química non moi diferente á do polietileno", explica a científica do Instututo de Biomedicina e Biotecnoloxía de Cantabria. "O plan é transformar este descubrimento nunha forma viable de librarnos dos residuos plásticos, e traballar nunha solución que salve os nosos océanos, ríos e toda a contorna natural das consecuencias inevitables da súa acumulación".

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais