![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Coronavirus | Lexislación | Delegados | Actuación preventiva | Riscos específicos | Boletín CIG - Saúde Laboral | Asesoramento técnico |
![]() | Boletín CIG Saúde Laboral Nº 67. Monográfico sector construción26-05-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralA vixilancia sanitaria específica das persoas traballadoras expostas a vibracións no sector da construción é unha ferramenta preventiva esencial para protexer a saúde, a capacidade laboral e a calidade de vida do cadro de persoal. Vai máis aló dun trámite administrativo: conecta a avaliación técnica da exposición con intervencións médicas, organizativas e formativas, permitindo detectar efectos precoces, avaliar a eficacia das medidas de control e orientar actuacións que eviten danos irreversibles. A importancia da vixilancia da saúde en materia de vibracións é especialmente importante no sector da construción debido a unha alta prevalencia de exposición, en tarefas con uso de martelos pneumáticos, compactadores, serras e plataformas que xeran vibracións; efectos acumulativos, os danos por vibración adoitan ser crónicos e progresivos; impacto funcional e socioeconómico, por perda de destreza, dor crónica e posibles incapacidades; limitacións de control técnico en obra: a imposibilidade de eliminar totalmente a exposición en moitos procesos fai que a vixilancia da saúde sexa un compoñente imprescindible da prevención. |
|---|
![]() | Campaña do ISSGA de prevención de riscos no manexo do tractor09-06-2026 - ISSGAEsta campaña do ISSGA nace da necesidade de sensibilizar a poboación galega asentada no rural para que incorpore na súas tarefas cotiás a prevención de riscos para evitar accidentes na súa contorna e na circulación en vías públicas, derivadas do manexo do tractor. O obxectivo é alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros e achegar recomendacións básicas, que de terse en conta evitarían os accidentes, ou cando menos, minimizarían a súas consecuencias, xa que, desgraciadamente, moitas veces as lesións son graves e mortais |
|---|
![]() | Tecnoloxías intelixentes para a prevención do risco de calor no lugar de traballo08-06-2026 - EU-OSHAEste documento da EU-OSHA analiza como o cambio climático está a aumentar os riscos para a seguridade e a saúde no traballo relacionados coa calor, especialmente no caso dos traballos ao aire libre e de gran esixencia física. Nel estúdanse as medidas de prevención existentes e se analiza o papel que poderían desempeñar as novas tecnoloxías, como os dispositivos dixitais portátiles, as pezas refrixerantes e as aplicacións móbiles. Sobre a base de datos de investigación, enquisas e estudos de casos, o estudo destaca as vantaxes, as limitacións e os retos de xestión que expón a prevención eficaz dos riscos relacionados coa calor no traballo. |
|---|
![]() | Guía de Conciliación 202605-06-2026 - CIG- Confederación Intersindical GalegaCon esta Guía actualizada a xuño de 2026, a CIG, da resposta ás túas dúbidas sobre prestacións e dereitos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, e outras medidas de igualdade de oportunidades no traballo |
|---|
![]() | Unha empresa terá que indemnizar con 166.7000 euros a unha empregada que caeu por non facilitarlle calzado antiescorregadizo04-06-2026 - SENTENZAA Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña considerou acreditado que a empresa incumprira as súas obrigacións preventivas ao non facilitar ao empregada calzado de seguridade antiescorregadiza nin garantir de xeito adecuado as condicións do pavimento na zona na que escorregou e caeu. A empregadora terá que asumir unha recarga do 30% en todas as prestacións derivadas do accidente de traballo ao existir responsabilidade empresarial no mesmo por falta de medidas de seguridade e hixiene |
|---|
![]() | Recomendacións para a incorporación da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais a través da negociación colectiva29-05-2026 - CCAINCEste documento recolle as recomendacións consensuadas polas organizacións sindicais e empresariais integrantes da CCAINC, co obxectivo de orientar a negociación colectiva na incorporación da perspectiva de xénero á prevención de riscos laborais. A finalidade co desenvolvemento desde traballo é conseguir contornas laborais equitativas e seguras para todas as persoas traballadoras. |
|---|
![]() | Campaña do ISSGA: Traballo e calor01-06-2026 - ISSGAEsta campaña do ISSGA ten como obxectivo sensibilizar fronte aos riscos relacionados coas altas temperaturas e coa radiación solar nas contornas laborais. Esta iniciativa pon o foco na necesidade de descanso, a climatización, a boa alimentación, a hidratación nos lugares de traballo e cambios nos horarios laborais cando for preciso. Ademais, trátase de informar e concienciar dos perigos da realización de tarefas a altas temperaturas durante a xornada laboral para mellorar o benestar e a seguridade das persoas traballadoras. A campaña achega de xeito comprensible as medidas de prevención orientadas a reducir a exposición a estes axentes de risco das traballadoras e traballadores. |
|---|
![]() | Riscos da exposición a isopreno21-05-2026 - S.T.O.P. CARCINOGENS AT WORKCalcúlase que 10.539 persoas traballadoras da UE poden estar expostos ao isopreno. Nos lugares de traballo onde se produce ou utiliza isopreno, a exposición pode producirse principalmente por inhalación de vapores e por contacto coa pel, pero a absorción cutánea considérase insignificante. Segundo CLP, o isopreno está clasificado como Canceríxeno de categoría 1B (H350: Pode causar cancro). Unha exposición crónica e elevada pode provocar cancro de fígado como principal efecto, pero tamén anemia, dexeneración do epitelio olfativo (o tecido do interior da cavidade nasal que intervén na percepción dos cheiros) e dexeneración da substancia branca da medula espiñal. |
|---|
![]() | Retroactividade para valorar os danos por amianto20-05-2026 - SENTENZA TRIBUNAL SUPREMOA sentenza do Tribunal Supremo (Sala I) 951/2025, do 17 de xuño, introduciu un cambio transcendental na xurisprudencia ao permitir a aplicación orientadora do baremo de valoración de danos estabelecido pola Lei 35/2015, do 22 de setembro, para cuantificar indemnizacións por prexuízos derivados da exposición ao amianto, mesmo en casos ocorridos antes da entrada en vigor da devandita norma. Este fallo, que aborda un caso de danos sufridos por un traballador dunha fábrica debido á inhalación de amianto, rompe coa tradición xurisprudencial que limitaba a aplicación do baremo ao marco legal vixente no momento do dano. |
|---|
![]() | O INSST publica a Guía Técnica para a prevención de riscos laborais no servizo do fogar familiar e o Protocolo de actuación fronte a violencia e acoso no servizo do fogar familiar15-05-2026 - INSSTO Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, en coordinación co Ministerio de Traballo e Economía Social, elaborou a Guía Técnica de aplicación do Real Decreto 893/2024, do 10 de setembro, polo que se regula a protección da seguridade e a saúde no ámbito do servizo do fogar familiar; así como o Protocolo de actuación fronte a situacións de violencia e acoso no servizo do fogar familiar, en cumprimento das disposicións do citado real decreto. |
|---|