11/10/2011
LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
A aprobación da lei de Xurisdición Social pode constituir un paso adiante na prevención de riscos laborais, ao unificar na orde do social todos os aspectos laborais derivados do accidente de traballo.
Esta reforma lexislativa, que se tramitou definitivamente no Congreso dos Deputados nos días pasados, espérase teña unha gran repercusión na mellora das condicións de traballo e na redución da sinistralidade laboral, e supoña en definitiva unha maior protección das vítimas de accidentes de traballo.
Esta nova norma enmarcase na reivindicación histórica de unificar na orde social todos os aspectos laborais derivados dos accidentes de traballo, excepto os correspondentes ao ámbito penal.
Isto deberá permitir unha loita máis eficaz contra a sinistralidade laboral, unha mellor protección ás vítimas de accidentes de traballo, máis facilidades para o cumprimento rigoroso da lei, unha maior axilidade nos trámites burocráticos, evitando o peregrinar polas distintas ordes xurisdiccionais, e máis seguridade xurídica.