21/12/2011
GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
A CIG realizará, o vindeiro venres 23 de decembro, a partir das 10.00 horas no Hotel Hesperia de Ferrol, a presentación de dúas novas publicacións elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.
O acto comezará as 10.00 horas coa presentación do “Estudio sobre a incidencia da xornada de traballo na seguridade Laboral e nos Riscos Psicosociais”.
Está previsto que comece a presentación da guía “Risco Químico: Guía Básica de Información e Sensibilización” en torno ás 12.30 horas.