16/5/2012
Psicosocial
A Unión Europea, a través do Comité de Altos Responsables da Inspección de Traballo (Committee of Senior Labour Inspectors, SLIC), puxo en marcha unha campaña europea de inspección de riscos psicosociais no traballo, que se desenvolverá ao longo do ano 2012.
O principal obxectivo desta campaña é conseguir que se incorpore de xeito sistemático a avaliación dos riscos psicosociais en tódalas empresas e organizacións, así como impulsar a adopción de medidas preventivas e de control destes riscos no entorno laboral.