Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Informe anual 2017 EU OSHA
19/6/2018 Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo
A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo presentou o seu informe anual. Segundo consta no mesmo, no pasado ano 2017 a Axencia traballou en diferentes proxectos como na elaboración de estudos, como Riscos novos e emerxentes de SST asociados á tecnoloxía da información e a comunicación, do que se publicaron varios informes. Así mesmo, continuou o traballo sobre os datos da segunda edición da Enquisa europea sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, a elaboración de informes xerais, ferramentas informáticas sobre a SST, campañas de sensibilización e intercambio de coñecemento por redes.
ECHA
19/6/2018 Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
Veñen de acordarse criterios científicos para identificar alteradores endocrinos en virtude da lexislación da UE sobre praguicidas e biocidas. Os criterios para os biocidas aplícanse desde o 7 de xuño de 2018. Un grupo de redacción formado por persoal científico da ECHA e a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), co apoio do Centro Común de Investigación (CCI), desenvolveu a orientación científica para permitir a identificación de disruptores endocrinos. A guía aconsella aos solicitantes e asesores das autoridades reguladoras competentes sobre como identificar disruptores endocrinos.
Estratexia para promover a substitución de produtos químicos por outros máis seguros
15/6/2018 Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
A estratexia ten como fin a substitución de produtos químicos nocivos mediante o incremento da disponibilidade e a adopción de alternativas e tecnoloxías máis seguras. Está baseada nos comentarios das partes interesadas, os estados membros da UE a da Comisión Europea. A súa implementación formará parte do plan de traballo anual da ECHA.
Parlamento europeo
13/6/2018 Parlamento Europeo
O Comité de Emprego e Asuntos Sociais adoptou por unanimidade un conxunto de medidas a fin de evitar a ausencia laboral a longo prazo. Considera que a Comisión Europea e os Estados membros deberían traballar para reter e reintegrar ao lugar de traballo aos traballadores/as que sofren diversas afeccións ou lesións crónicas e fomentar o envellecemento activo.
Drogas que melloran o rendemento - EU OSHA
8/6/2018 EU-OSHA
Dúas novas publicacións da Axencia Europea de Seguridade e Saúde Laboral analizan os riscos ocupacionais e de seguridade que xurden nos lugares de traballo de Europa como resultado do rápido crecemento do comercio electrónico e o uso cada vez maior de medicamentos que melloran o rendemento.
Guía aplicación Regulación EPI (EU) 2016/425
4/6/2018 Comisión Europea
Guía realizada a fin de servir como manual ás partes directa ou indirectamente afectadas polo Regulamento (UE) 2016/425, aplicable dende o 21 de abril de 2018, que reemplaza á Directiva 89/686/CEE
Tecnoloxías innovadoras: explorando o impacto na produción e no traballo
31/5/2018 Eurofound
O traballo resume os resultados de cinco casos prácticos sobre o impacto potencial de tecnoloxías innovadoras no sector manufacturero en Europa ata o 2025. As tecnoloxías examinadas son a robótica industrial avanzada, a internet industrial das cousas, a fabricación aditiva, os vehículos eléctricos e a biotecnoloxía industrial.
Rehabilitación e retorno ao traballo logo do cancro: instrumentos e prácticas
25/5/2018 EU-OSHA
Proxecto elaborado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo no que se analizan os retos en materia de seguridade e saúde no traballo aos que a los que se enfrontan traballadores/as e empresas cuando se produce a reincorporación ao traballo logo dun diagnóstico de cáncro. O proxecto inclúe varios documentos, entre os que se atopa Rehabilitación e reincorporación ao traballo logo do cancro: instrumentos e prácticas, de nova publicación
Imaxen da Axencia Europea
21/5/2018 AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO
O informe, que analiza os datos recollidos na segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, constata a tendencia das empresas a concentrarse máis nos aspectos tradicionais de seguridade que nos riscos en materia de saúde e riscos psicosociais, especialmente entre as microempresas e as pequenas empresas (mepes) e en certos sectores.
OIT
11/5/2018 OIT
Un grupo de expertos, en representación de gobernos, organizacións de empregadores e de traballadores, veñen de traballar na adopción dunha serie de Directrices sobre o traballo decente nos servizos públicos de urxencia. Estas Directrices contemplan as condicións que enfrentan traballadores e traballadoras no exercicio das súas competencias, así como a variedade de situacións que deben atender: epidemias, fenómenos meteorolóxicos extremos, accidentes industriais, conflictos armados e actos terroristas.
1ª enquisa técnicos PRL
25/4/2018 Enquisa AEPSAL a TPRL
Os Técnicos de Prevención de Riscos Laborais non perciben que a Inspección de Traballo esté a axudar á integración da prevención. Segundo a Enquisa realizada a 1.000 Técnicos de Prevención de Riscos Laborais (TPRL) pola asociación AEPSAL, en xeral os TPRL consideran que a administración pública e en concreto a Inspección de Traballo non os axuda na realización das súas funcións, ao contrario do que debería acontecer, tendo en conta que o cometido desta Institución consiste en prestar colaboración, así como contribuir a supervisión do adecuado desenvolvemento da prevención de riscos laborais nas empresas
BOE-ITSS
19/4/2018 ITSS
Publicado no BOE o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020, aprobado polo Consello de Ministros o 6 de abril de 2018; o plan centrarase na calidade do emprego e dará prioridade a actuacións no ámbito da discriminación por xénero e a brecha salarial, a través de catro eixos de actuación, doce obxectivos e 100 liñas de actuación.
Inspección Traballo e SS
13/4/2018 ITSS
O Consello de Ministros aprobou o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020; o plan centrarase na calidade do emprego e dará prioridade a actuacións no ámbito da discriminación por xénero e a brecha salarial, a través de catro eixos de actuación, doce obxectivos e 100 liñas de actuación.
Informe de actuación e xestión ISSGA 2017
26/3/2018 ISSGA
Documento sobre o traballo realizado no ano 2017 polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. No texto repásanse temas como os recursos, actividade institucional ou as actuacións técnicas levadas a cabo en relación con tarefas de investigación e asistencia técnica, asesoramento, accións formativas, hixiene analítica ou mediciña do traballo
iso
16/3/2018 ISO
A norma ISO 45001 substituirá á OHSAS 18001, ata agora referencia mundial para a saúde e a seguridade no lugar de traballo. As organizacións que están certificadas con OHSAS 18001 terán tres anos para cumprir coa nova norma ISO 45001, aínda que a certificación de conformidade coa norma ISO 45001 non é un requisito da norma.
Consellería de Sanidade
14/3/2018 Consellería de Sanidade do Servizo Galego de Saúde
Este novo circuito facilita a comunicación que os médicos do Servizo Galego de Saúde e dos Servizos de Prevención teñen a obriga de realizar ante un cadro clínico de sospeita de enfermidade profesional á entidade xestora ou colaboradora (INSS, Mutua, empresa colaboradora) que asuma as continxencias profesionais da empresa, segundo se indica no anexo 5 do RD 1299/2006 de enfermidades profesionais.
Traballadores sen protección
28/2/2018 CONVENIO COLECTIVO
Así é, no ano 2013 eran 935.567 os traballadores e traballadoras cubertos por convenios colectivos que incluían cláusulas de plans e programas de prevención de riscos laborais, pasando en 2016 a ser tan só 466.547, un 50% menos.
TABOA TIPO ACTIVIDADE ITSS
9/2/2018 ITSS
A Inspección de Traballo reduciu un 25% a súa actividade no campo da Prevención de Riscos Laborais durante a crise, aínda que aumentou a frecuencia de requirimentos, o que claramente supón unha substancial rebaixa das súas actuacións, especialmente aquelas que finalmente van aparelladas a sancións, incrementando e intensificando en cambio a súa acción asesora. Maneira de proceder esta absolutamente inaceptable se temos en conta o constante incremento da sinistralidade laboral e a súa gravidade que se está a producir nos últimos anos.
Plan actividades ISSGA 2018
6/2/2018 ISSGA
O plan, aprobado na reunión da Comisión de Goberno do ISSGA do 11 de decembro de 2017, ten por obxecto determinar os obxectivos principais e as actuacións a desenvolver polo ISSGA durante o ano 2018; o plan servirá de guión ao Instituto sobre as accións a desenvolver e dará a coñecer a todas as persoas e entidades interesadas as accións que se pretenden desenvolver. Entre as actividades programadas hai iniciativas novas que teñen unha duración limitada no tempo, que pode ser anual ou nalgúns casos plurianual; outras que supoñen a continuación de actividades iniciadas en anos anteriores, e outras que constitúen actuacións de carácter permanente do Instituto de acordo coas funcións que ten encomendadas segundo o establecido na súa lei de creación e nos seus estatutos.
iso
2/2/2018 ISO
A publicación está prevista para o mes de marzo, momento que marcará a anulación da OSHAS 18001. As empresas certificadas terán tres anos para realizar a migración á ISO 45001. Remata así o proceso iniciado no 2013 pola British Standards Institution (BSI), que presentou unha proposta á Organización Internacióna de Normalización (ISO) para o desenvolvemento dun estándar internacional de saúde e seguridade no traballo baseado na OSHAS 18001.
Plan de acción 2017-2018. Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo
1/2/2018 SAÚDE LABORAL
Co fin de acadar os obxectivos marcados, a Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo (2015-2020) estabelece a elaboración de tres Plans de Acción que comprenden os períodos: 2015-2016, 2017-2018 y 2019-2020. A Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo aprobou en xuño de 2017 o segundo plan de acción, que corresponde ao período 2017-2018.
Campaña europea Seguridade e saúde en ETT
30/1/2018 ITSS
A Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social creou neste sitio web, unha nova sección informativa relacionada coa Campaña Europea de Inspección para os anos 2017/2018, acordada polo SLIC (Comité de Altos Responsables das Inspeccións de Traballo) da Unión Europea e que se vai centrar na Seguridade e Saúde dos/as traballadores/as temporais nas Empresas de Traballo Temporal.
directrices para a xestión preventiva nas pemes
29/1/2018 INSSBT
Estas directrices teñen como obxectivo proporcionar aos empresarios/as de PEMES unas orientacións claras e sinxelas para mellorar as condicións de traballo da empresa e garantir a seguridade e saúde dos/as traballadores/as.
Parlamento europeo
17/1/2018 Parlamento Europeo - DOUE
O Parlamento Europeo e o Consello aprobaron o pasado 12 de decembro a Directiva 2017/2398 pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes carcinóxenos ou mutáxenos durante o traballo. E Directiva debe transpoñerse no prazo de dous anos a partir da súa entrada en vigor, é dicir, antes do 17 de xaneiro de 2020
 Traballos saudables. Alerta fronte a sustancias perigosas
16/1/2018 EU-OSHA
Nova campaña da EU- OSHA centrada na prevención dos riscos por exposición a substancias perigosas. Segundo se indica na guía da campaña, aínda que nas últimas décadas, substancias como o asbesto (que causa graves enfermidades pulmonares) ou o cloruro de vinilo (que causa cancro de fígado), foron prohibidas, restrinxidas ou sometidas a un estrito control regulamentario as substancias perigosas continúan a ser un importante problema de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
O impacto da dixitalización no traballo
5/1/2018 Eurofound
Informe redactado por Eurofound (Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo), ten como fin estudar o impacto da dixitalización do traballo para obter información sobre as posibles implicacións do traballo dixital nas condicións de traballo. A dixitalización no ámbito laboral está detrás da transformación das relacións laborais, pois o traballador dixital estabelece relacións laborais diferentes cos seus compañeiros e superiores xerárquicos, é mais autónomo, realiza tarefas máis rutineiras a consecuencia da computarización e ve incrementada a esixencia de desenvolvemento das súas destrezas dixitais para realizar o traballo, feito que determina a súa empregabilidade no futuro
Poboación inactiva: un segmento con potencial de emprego
28/11/2017 Eurofound
No conxunto da UE, o 28% das persoas en idade laboral son economicamente inactivas, é dicir, non traballan, non buscan traballo e / ou non están dispoñibles para traballar, segundo o definido pola Organización Internacional do Traballo (OIT). Eurofound levou a cabo un informe de investigación que explora a poboación inactiva europea, un conxunto heteroxéneo que conta cun gran potencial de emprego.
1ª enquisa técnicos PRL
24/10/2017 AEPSAL, Asociación de Especialistas en Prevención e Saúde Laboral
Texto que recolle a opinión dos Técnicos de Prevención de Riscos Laborais sobre o estado de situación do labor que realizan nas empresas en relación coas funcións que levan a cabo, as súas relacións dentro da empresa e a efectividade dos medios, metodoloxías e ferramentas postas á súa disposición.
AISS
20/10/2017 AISS
A Asociación Internacional da Seguridade Social (AISS) lanza a súa primeira campaña mundial para mellorar a seguridade, a saúde e o benestar no traballo. A finalidade da campaña é involucrar a empresas de todo o mundo para reducir sistematicamente os accidentes e as enfermidades profesionais investindo nunha man de obra sa e motivada. Segundo o Presidente da AISS "os accidentes e enfermidades no lugar de traballo non son froito do destino nin son produto da mala sorte, senón que se resultan de causas específicas", "por iso todos os accidentes e enfermidades profesionais son previsibeis".
Consello Europeo
11/10/2017 Consello Europeo
Haberá requisitos mínimos para eliminar e reducir todos os axentes carcinóxenos ou mutáxenos. Ademais, os empregadores deberán detectar e avaliar os riscos asociados á exposición dos traballadores a determinados axentes carcinóxenos (e mutáxenos), e terán que previr a exposición cando existan tales riscos.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais