Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Seguridade e saúde no traballo en Europa: situación e tendencias 2023

18-05-2023 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

A EU-OSHA publica o seu último informe «Seguridade e saúde no traballo en Europa: situación e tendencias 2023» con motivo do Cume da UE sobre Seguridade e Saúde no Traballo. O informe describe o estado da saúde e seguridade no traballo na UE e trata sobre as tendencias actuais e os avances logrados. Utiliza datos recompilados no marco da actividade da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo «EU OSH Information System» e combina indicadores cuantitativos con descricións explicativas e analíticas

O informe abarca tendencias que se remontan a entre 10 e 25 anos, dependendo da dispoñibilidade de datos fiables e de cuestións metodolóxicas. Tamén ten en conta os factores contextuais pertinentes e as infraestruturas de SST. Conclúe cunha visión xeral das melloras, o estancamento e a ambigüidade dos avances, e os ámbitos de preocupación como as modalidades atípicas de traballo, o cumprimento parcial da normativa en materia de SST ou a inactividade física, e os retos futuros.

A EU-OSHA espera que esta publicación teña un impacto significativo nas políticas e os enfoques futuros encamiñados a protexer a saúde e a seguridade das persoas traballadoras en Europa. Os datos poden visualizarse e analizarse facilmente país por país utilizando a Ferramenta para a visualización de datos do Barómetro SST.

Ligazón ao informe «Seguridade e saúde no traballo en Europa: situación e tendencias 2023»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS