Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

O INSST pon a disposición un novo calculador e APP: Factor Filtro Ocular –FPFO-

31-07-2020 - INSST

O ollo humano pode sufrir danos no traballo por tres tipos de riscos principais presentes nas actividades laborais: mecánicos, químicos e radiacións. En ocasións non podemos seleccionar os filtros de protección tendo en conta as recomendacións de normas harmonizadas debido a que as fontes non están tipificadas. Neses casos é necesario avaliar se se superan os valores límite de exposición (VLE) en función do rango de lonxitudes de onda que emite a fonte.

Segundo o seu espectro de emisión da fonte calcularemos unha serie de valores que comparándoos cos valores límite permitiranos coñecer o índice de risco.

Cando o índice de risco é superior a 1 indica que se supera o VLE e é necesario protexer ao traballador/a cun filtro de protección que debe ser seleccionado segundo o factor de protección do filtro (FPF) para cada rango de lonxitudes de onda onde se superen os VLE correspondentes, co obxectivo de atenuar o risco ocular que se pretenda evitar (risco térmico, risco por luz azul, etc).

Para poder aplicar a avaliación que leva a cabo esta aplicación, verificar que se dan as seguintes condicións:

Fontes pulsadas con duración do pulso inferior ou igual a 0,25 segundos.

Os valores límites de exposición calcúlanse considerando un tempo de exposición igual á duración dun pulso.

Ángulos subtendidos comprendidos no seguinte rango: 1,7 mrad < α < 100 mrad

Verificar o ángulo subtendido aplicando a seguinte relación: [(x+e/2)]/ r (sendo x e e as dimensións da fonte e r a distancia á mesma).

Medir a exposición radiante espectral H(λ) á distancia de exposición (cando se traballa con fontes de luz pulsada de alta intensidade considérase unha distancia de 0,2 m como a máis desfavorable se se produce un accidente).

En futuras revisións desta aplicación prevese ampliar a outras condicións de exposición.

Ligazón ao calculador NIPO: 118-20-072-8

Acceso á APP (Android) NIPO: 118-20-070-7

Acceso á APP (IOS) NIPO: 118-20-071-2 (proximamente)

 

Ligazón a todas as APP do INSST

Ligazón a todos os Calculadores

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS