Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Guía clínica para a abordaxe da disfonía crónica en Medicina Primaria e Medicina do Traballo

28-08-2018 - INSSBT

O obxectivo desta guía é ofrecer ao médico de familia e ao médico do traballo un instrumento que inclúa recomendacións baseadas na máxima evidencia posible, un itinerario no diagnóstico e tratamento da disfonía crónica e criterios para que o médico poida decidir o mellor camiño a seguir para o tratamento da disfonía de cada paciente concreto.

Case un terzo das persoas en idade laboral está a traballar en profesións nas que a voz é a súa ferramenta fundamental. O seu uso profesional, sen o adecuado adestramento, pode provocar dificultades e lesións persistentes, cunha  sintomatoloxía que pode afectar seriamente as habilidades para o desempeño do traballo.

A guía quere ser instrumento para aqueles médicos que, no ámbito da Medicina do traballo ou da Medicina primaria, reciben pacientes cunha carga elevada de hándicap vocal como consecuencia das súas necesidades profesionais e laborais.

 

Ligazón á Guía clínica para a abordaxe da  disfonía crónica en Medicina Primaria e Medicina do Traballo”.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS