Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Ocupación, actividade económica e mortalidade pro cancro no Estado. Resumo executivo. 2020

19-05-2021 - INSST

Este traballo de investigación analiza a mortalidade por cancro no Estado cruzando datos censuais co rexistro de mortalidade, o que permite estimar o risco de morte por cancro, a través do cálculo da Razón de Mortalidade Estandarizada (RME) por xénero e idade, en distintas ocupacións e actividades económicas, o que permite identificar espazos de interese preferente nos que intervir, para a prevención do cancro en xeral e do cancro de orixe laboral en particular. Sen dúbida esta publicación é un paso que achega coñecemento en materia de cancro laboral, que debe ser seguido doutros en materia de investigación na eliminación ou substitución de axentes canceríxenos, investigación clínica e epidemiolóxica aplicada e mellora dos sistemas de vixilancia, notificación e rexistro do cancro profesional, que constitúen un compromiso prioritario para o INSST, como non pode ser doutra forma dada a gravidade da súa repercusión na saúde dos traballadores/as.

Afrontar o cancro na poboación traballadora supón afrontar un dos principais retos nos campos da Saúde Pública e da Saúde Laboral.

As estimacións da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM) de 2019 evidencian que a probabilidade de desenvolver un cancro pasa dun 2% entre os 30 e os 35 anos a un 15,7% na franxa de idade entre 60 e 64 anos, o que é especialmente relevante nunha Sociedade do Traballo en proceso de envellecemento.

Dous son os ámbitos de actuación nos que podemos intervir que se nos presentan desde a xestión das condicións de traballo: a prevención do cancro atribuíble ás exposicións nas contornas de traballo (cancro laboral) e a volta ao traballo da persoa que desenvolveu un cancro.

O cancro de  etioloxía profesional, de acordo coas declaracións da Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Movilidad Laboral da Comisión Europea,  Marianne Thyssen, representa o 53% de mortes debidas á exposición a riscos no lugar de traballo.

A prevención do cancro é tan complexa como a súa propia causalidade, sendo a contorna ambiental, laboral e os hábitos de vida factores de riscos de especial relevancia no seu desenvolvemento; segundo a Axenda de Investigación da  NIOSH-USA, os tres factores que de forma máis relevante contribúen á carga de cancro son: o tabaco, a dieta e a ocupación.

As estimacións do  HSE-UK sinalan aqueles tumores nos que a participación da exposición laboral é superior:  Mesoteliloma (95%), Cancro  Sinusal (33%), Cancro de Pulmón (14%), Cancro de  Nasofarinxe (8%), Cancro de  Vexiga (5%) e Cancro cutáneo (4%).

De forma engadida, o estudo da incidencia de cancro ten un  gradiente social, de tal maneira que á exposición profesional, derivada da profesión, engádense outros factores como o nivel económico, acceso a programas de saúde e atención médica, contornas ambientais, etc., evidenciado unha  inequidade social no risco de cancro profesional.

Ligazón á publicación "Ocupación, actividade económica e mortalidade pro cancro no Estado. Resumo executivo. 2020"

 

Ligazón ao "Estudo: Ocupación, Actividade Económica e Mortalidade por Cancro en España. 2019"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS