Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Guía para a avaliación de riscos para o medio ambiente aplicada a empresas que incorporan nanomateriais nos seus procesos

20-12-2016 - EHS - Advance

O presente documento céntrase en proporcionar orientación sobre a prevención e xestión dos riscos laborais derivados da exposición a nanobxectos, os seus agregados e aglomerados (NOAA), nas organizacións, especialmente PEMES, que fabrican e/ou manipulan nanomateriais ou produtos que os conteñen. O termo NOAA aplícase aos mencionados compoñentes, tanto na súa forma orixinal como incorporados noutros materiais e produtos dos que poderían liberarse durante o seu ciclo de vida.

A publicación está destinada á súa utilización por responsables de seguridade e saúde no traballo (SST) das empresas, técnicos de Servizos de Prevención (SET) que dan soporte ás PEMES, responsables e técnicos das administracións competentes na materia, así como por calquera persoa con responsabilidade na operación segura das instalacións industriais dedicadas á produción, manipulación, transformación e eliminación dos NOAA ou de materiais que os conteñen.

Ligazón Guía para a avaliación de riscos para o medio ambiente aplicada a empresas que incorporan nanomateriais nos seus procesos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS