Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Directrices para a decisión clínica en enfermidades profesionais causadas por axentes canceríxenos

11-02-2022 - INSST

Esta ferramenta do INSST sirve de axuda aos profesionais sanitarios para identificar e, no seu caso, notificar á autoridade competente aquelas enfermidades relacionadas co traballo e que puidesen ser consideradas como enfermidade profesional segundo contempla o RD 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e establécense criterios para a súa notificación e rexistro

O cancro de orixe profesional ten por causa a exposición a determinadas condicións do traballo. Supón un gran impacto na poboación traballadora e na sociedade en xeral, xa que implica elevados custos de atención sanitaria, de prestacións por incapacidade temporal e/ou permanente, así como custos para as empresas e para o sistema económico en xeral e, fundamentalmente, en custos directos para o traballador/a tanto para o seu tratamento como outros destinados á axuda ao coidado. A esta repercusión económica únese o grave impacto persoal que supón o cancro. O diagnóstico de cancro leva consigo unha fractura do proxecto de vida da persoa e da súa contorna familiar. Igualmente, supón un elevado risco de non retorno ao traballo e de exclusión social.

Actualmente a relación causal coa exposición laboral está suficientemente probada, aínda que escasamente rexistrada. A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que en torno ao 19 % das neoplasias débense a factores ambientais, representando o cancro de orixe laboral un 4 % dos casos globais, aínda que se expón que esta cifra poida ser maior debido á dificultade de establecer unha relación causal coa exposición laboral. Para algúns tumores esta porcentaxe ascende ao 5,3% no cancro de vejiga, ao 14,5% no caso do cancro de pulmón ou ao 94,9% no caso do mesotelioma pleural.

Por outra banda, non se pode descartar que nun futuro, debido aos cambios nas condicións de traballo así como ás novas metodoloxías e axentes utilizados no ámbito laboral, xurda evidencia científica doutras patoloxías neoplásicas de carácter profesional. 

>DDC-CAN-01 -Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos principios xerais de actuación no diagnóstico precoz do cancro de orixe profesional.

>DDC-CAN-02 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos.  Neoplasia maligna de Cavidade Nasal e Seos  Paranasais.

>DDC-CAN-03 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. Cancro de Larinxe.

>DDC-CAN-04 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. Neoplasia Maligna de Vexiga.

>DDC-CAN-05 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. Neoplasia Maligna de Próstata.

>DDC-CAN-06 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. Neoplasia maligna de Cavidade Nasal e Seos  Paranasais.

>DDC-CAN-07 - Enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos. Síndromes linfo e  mieloproliferativos. Linfomas e Leucemia mieloide agudo.

 

Ligazón á colección DDC. Directrices para a Decisión Clínica en Enfermidades Profesionais

Ligazón o material da campaña do INSST contra o cancro laboral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS