Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Condicións de seguridade e saúde esixibles á maquinaria de obra: plataformas elevadoras móbiles de persoal

12-01-2015 - INSHT

O Instituto Nacional de Segiridade e Saúde no Traballo ven de publicar este traballo sobre o emprego seguro das plataformas elevadoras móbiles de persoal.

A publicación se estrutura en catro capítulos: 

No primeiro capítulo se clasifican os diferentes tipos de plataformas elevadoras e se analiza a situación do mercado de alugueiro de plataformas, análise que ten a súa trascendencia xa que gran parte das plataformas que se empregan son de aluguer.

No segundo capítulo,indícanse as normas legais, técnicas e outra documentación técnica (Guías e criterios técnicos) de aplicación na materia.

No terceiro capítulo realízase unha análise de sinistralidade e da tipoloxía dos accidentes máis frecuentes.

Conclúe co cuarto capítulo, destinado a repasar as medidas de prevención e protección aplicables e a prevención de accidentes frecuentes.

 

Ligazón á publicación "Condicións de seguridade e saúde esixibles á maquinaria de obra: plataformas elevadoras móbiles de persoal"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS