Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Protectores auditivos: selección e emprego

28-03-2018 - INSSBT

Unha análise dos datos obtidos na 6ª Enquisa Europea de Condicións de Vida e Traballo no Estado español amosa que entre os riscos físicos e ambientais no traballo o ruído é un dos máis sinalados polos traballadores e traballadoras. un exposición prolongada ao ruído pode ter consecuencias para os traballadores/as que os sufren como pérdida auditiva, efectos fisiolóxicos, estrés e incremento do risco de accidente.

No caso de non poder evitar os riscos derivados do ruído con medidas técnicas e/ou organizativas de control de ruído, faise preciso o emprego de protectores auditivos. O Instituto Nacional de Seguridade, Saúde e Benestar no Traballo ven de publicar un cartel co fin de ofrecer orientacións prácticas para a selección de equipos de protección auditiva.

Ligazón ao cartel Protectores auditivos: selección e emprego

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS