Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Póster técnico. Roupa de protección fronte a praguicidas

30-10-2019 - INSST

O INSST ven de publicar un cartel no que se describen os requisitos que debe ter a roupa para cubrir o risco por exposición a praguicidas.

Ante unha situación de posible risco químico o uso dun simple mono de traballo non é, na maioría das ocasións, a mellor solución. Segundo as normas europeas harmonizadas existentes, os traxes de protección fronte a produtos químicos quedan clasificados fundamentalmente en seis tipos, dependendo do seu grao de hermeticidade - NTP 929: Roupa de protección contra produtos químicos-

Existe ademais, unha norma harmonizada específica publicada (UNE EN  ISO 27065:2017) para definir requisitos da roupa de protección para os operarios que aplican produtos fitosanitarios e en tarefas que implican  reentrada nos cultivos tratados e que facilita a selección da roupa adecuada. Inclúe tres niveles de protección,  C1,  C2 e  C3 que representan o mellor compromiso entre o confort e a protección que ofrecen.

Expóñense no  CARTEL estes tipos de roupa  e as súas características para cubrir o risco por exposición a praguicidas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS