Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Novo informe da OSHA sobre Axentes biolóxicos no traballo

29-11-2019 - OSHA

Neste informe examínanse publicacións científicas sobre enfermidades específicas relacionadas co traballo e as enfermidades infecciosas e as alerxias, provocadas por axentes biolóxicos. Tamén se inclúen os resultados dunha enquisa a expertos e unha avaliación dos sistemas que os Estados membros da UE utilizan para o seguimento desas enfermidades e exposicións. Formúlanse tamén recomendacións para mellorar as prácticas de seguimento, as estratexias de prevención e as políticas.

Este traballo forma parte dun proxecto a gran escala destinado a abordar as enfermidades relacionadas co traballo nos lugares de traballo da UE  e garantir unha mellor prevención.
Ligazón ao informe: Axentes biolóxicos e enfermidades relacionadas co traballo: resultados dun estudo bibliográfico, dunha enquisa a expertos e un análise dos sistemas de seguimento. (En inglés)

Fonte: OSHA
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS