Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Manual da OMS sobre o radón en interiores: unha perspectiva de saúde pública

13-01-2016 - OMS

Este céntrase na exposición residencial ao radón e salienta o seu impacto dende unha perspectiva de saúde pública. Inclúe recomendacións sobre a redución dos riscos para a saúde asociados ao radón e propostas sólidas de políticas de prevención e mitigación do radón.

Os estudos epidemiolóxicos demostraron unha asociación entre a exposición ao radón en interiores e o cancro de pulmón, mesmo para os niveis de radón relativamente baixos que adoitan existir nos edificios residenciais.

O manual está dirixido a países que pretendan desenvolver programas nacionais ou ampliar as súas actividades relativas ao radón, así como ás partes interesadas que se achan implicadas no control do radón, como o sector da construción e os profesionais da edificación.

Ligazón ao Manual da OMS sobre o radón en interiores: unha perspectiva de saúde pública

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS