Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Límites de exposición profesional para axentes químicos 2016

18-02-2016 - INSHT

Neste documento recóllense os Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo para o ano 2016. A constitución polo INSHT en 1995 dun grupo de traballo sobre Valores Límite de Exposición Profesional permitiu a publicación dun primeiro documento en 1999, seguido por actualizacións anuais para facer fronte á obriga que a Directiva 98/24/CE impoñía aos Estados membros de establecer límites de exposición profesional.

A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español mediante o Real Decreto 374/2001, que derroga os límites de exposición do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (RAMINP) e considera os publicados polo INSHT como os valores de referencia apropiados para os axentes químicos que carezan de valores límite regulamentarios, constitúe, de feito, un mandato ao Instituto para continuar con este labor, actualizando periodicamente os seus límites para mantelos adaptados ao progreso científico e técnico.

Pola súa parte, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo aprobou, en xullo de 1997, a creación dun grupo de traballo para, entre outras cuestións, "estudar os documentos que sobre valores límite e a súa aplicación nos lugares de traballo elabore o INSHT". Como resultado das súas propostas, a Comisión, na reunión plenaria celebrada o 16 de decembro de 1998, acordou unanimemente recomendar:

En consecuencia, mediante a publicación deste documento, que foi aprobado pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo cumpre coas súas funcións en materia de estudo e divulgación, á vez que atende, as recomendacións da Comisión.

Este ano preséntase a decimosexta edición, á que podes acceder dende a seguinte ligazón: 

Límites de exposición profesional para agentes químicos 2016

Na guía, no apartado de "Novidades" informannos das actualizacións e modificacións da publicación. Engádese unha listaxe de axentes químicos que se atopan na actualidade en estudo para o cambio ou incorporación do Valor límite Ambiental ou Valor límite Biolóxico.  Actualizouse a Aplicación LEP  e ampliouse a documentación correspondente á información toxicolóxica que serve para establecer os límites de exposición profesional para os axentes químicos DLEP.

 

 

 



Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS