Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Informe sobre os traballos de reparación e mantemento en cubertas

31-10-2019 - COMISION NACIONAL DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

O obxectivo deste informe é pór de manifesto os puntos críticos relacionados coas caídas de altura durante tarefas de reparación e mantemento en cubertas, e recoller as accións prioritarias propostas polo SGT (Grupo de Traballo de Construción da CNSST, subgrupo: Traballos de reparación e mantemento en cubertas) en relación cos devanditos puntos críticos, a fin de que as entidades afectadas valoren a súa adopción no ámbito das súas competencias.

O informe, elaborado polo Subgrupo de Traballo Análise da Sinistralidade e as súas Causas en Obras Menores pertencente ao Grupo de Traballo de Construción da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST), constatou que a maior parte dos accidentes de traballo en obras menores prodúcense por golpes como resultado dunha caída de altura.

Segundo o informe máis do 60% dos accidentes en obras menores investigados orixínanse por unha caída de altura, dos cales, preto da metade prodúcense dende unha cuberta (xa sexa por caída desde o equipo de acceso, por caída desde o bordo da cuberta ou a través desta pola rotura das cubricións ou translúcidos).

As causas principais destes accidentes son a non identificación dos riscos que materializaron o accidente, a falta de métodos de traballo e a ausencia/deficiencia de proteccións fronte a caídas de altura.

Ligazón ao "Informe sobre os traballos de reparación e mantemento en cubertas"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS