Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Actualización da "Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización dos equipos de traballo"

24-11-2021 - INSST

A guía, de carácter non vinculante, está formada por tres partes ben diferenciadas. Unha primeira parte, de carácter xurídico, na que se recollen o articulado e as disposicións transitoria e finais. Unha segunda parte, de carácter técnico, na que se recolle as disposicións mínimas incluídas no anexo do real decreto. E, por último, unha terceira parte de apéndices onde se amplía a información sobre os principais riscos, danos e medidas preventivas en postos de traballo con equipos con pantallas de visualización, así como unha lista de verificación das disposicións mínimas que establece o real decreto, que pode servir como axuda para facilitar o cumprimento das mesmas.

O Real Decreto 1215/1997, do 18 de xullo (transposición da Directiva 89/655/CEE e a súa 1ª modificación, a Directiva 95/63/CEE), polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, modificado polo Real Decreto 2177/2004, do 12 de novembro (transposición da Directiva 2001/45/CE, 2ª modificación da Directiva 89/655/CEE), relativa ás disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, en materia de traballos temporais en altura, codificadas pola Directiva 2009/104/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de setembro de 2009, adecúa a prevención dos riscos derivados do traballo con estes equipos aos requisitos esixidos no actual marco normativo establecido pola Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.

A súa importancia débese esencialmente á amplitude do seu campo de aplicación, dado o carácter xenérico da definición de “equipo de traballo”. De feito, este real decreto pode considerarse como unha norma marco para a totalidade dos equipos de traballo, aínda que o tratamento que se dá a cada tipo de equipo non é homoxéneo.

Na disposición final primeira o real decreto insta ao INSST á elaboración e á actualización dunha guía técnica para facilitar a aplicación do mesmo.

A guía, de carácter non vinculante, está formada por tres partes ben diferenciadas. Unha primeira parte, de carácter xurídico, na que se recollen o articulado e as disposicións transitoria e finais. Unha segunda parte, de carácter técnico, na que se recolle as disposicións mínimas incluídas no anexo do real decreto. E, por último, unha terceira parte de apéndices onde se amplía a información sobre os principais riscos, danos e medidas preventivas en postos de traballo con equipos con pantallas de visualización, así como unha lista de verificación das disposicións mínimas que establece o real decreto, que pode servir como axuda para facilitar o cumprimento das mesmas.

Na anterior edición desta Guía técnica o INSST incluíu os criterios técnicos adecuados tanto para a montaxe, utilización e desmonte de estadas, como para a realización das técnicas de acceso e de posicionamento mediante cordas.

Nesta última edición, que substitúe á publicada en novembro de 2011, ademais de incorporar os cambios normativos que tiveron lugar ao longo destes últimos anos, que afectan á comercialización e utilización dos equipos de traballo, acláranse algunhas cuestións que se expuxeron en relación cos usos prohibidos e non previstos dos equipos de traballo, o cumprimento das disposicións xerais do anexo I e a formación requirida para a utilización.

Estrutura da guía:

Este real decreto estrutúrase en dous partes, unha xurídica e outra técnica. A parte técnica, á súa vez, desenvólvese nos Anexos seguintes:

1. Anexo I, que contén as disposicións mínimas aplicables aos equipos de traballo. Trátase de disposicións relativas ás características propias dos equipos de traballo.

2. Anexo II, que contén as disposicións aplicables á utilización dos equipos de traballo.

Ligazón á "Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á utilización dos equipos de traballo"

 

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS