Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Guía básica e xeneral de orientación de vixilancia da saúde para a prevención de riscos laborais

27-09-2019 - Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social

Para a elaboración definitiva desta publicación do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, a proposta inicial foi debatida e enriquecida cos representantes das Administracións Sanitarias das Comunidades Autónomas no Relatorio de Saúde Laboral da Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial do SNS, cos representantes das Sociedades Científicas de Medicina e Enfermería do Traballo e cos representantes dos interlocutores sociais, das Comunidades Autónomas e da Administración Xeral do Estado, no Grupo de Traballo EESST 2015-2020 da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

A vixilancia da saúde das persoas traballadoras ten como principal propósito comprender mellor o impacto que o traballo ten sobre a súa saúde, de tal forma que sexa posible mellorar as condicións de traballo. A súa práctica debe posibilitar que se identifiquen, tan pronto como sexa posible, os efectos adversos do traballo sobre o benestar físico, mental e social, para evitar a progresión cara a un dano para a saúde máis importante. Para conseguilo, debe realizarse de maneira continuada no tempo, mediante un seguimento lonxitudinal do traballador a risco e integrarse nos plans e programas de prevención e mellora das condicións de traballo.

Ligazón á Guía básica e xeneral de orientación de vixilancia da saúde para a prevención de riscos laborais

Fonte: ISSGA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS