Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Ferramentas manuais: criterios ergonómicos e de seguridade para a súa selección

02-02-2017 - INSHT

Este documento pretende facilitar as claves para axudar a seleccionar as ferramentas de accionamento manual, tendo en conta que van formar parte do sistema de traballo. A selección da ferramenta debe ter en conta á persoa determinada, que vai realizar unha tarefa específica, nunha contorna e ambiente de traballo concreto. Tamén vai achegar unha serie criterios para o uso adecuado, unha vez seleccionada a ferramenta.

O documento facilita unha serie de instrumentos, entre eles unhas fichas específicas sobre os aspectos de seguridade dunha serie de ferramentas manuais e unha lista de recoñecemento. Esta lista de recoñecemento vai axudar a seleccionar entre dúas ferramentas e deste xeito poder determinar cal é a máis adecuada nunha tarefa determinada.

Na actualidade empréganse ferramentas manuais de accionamento manual en practicamente todos os sectores produtivos e todas as actividades profesionais. Son uns equipos de traballo aparentemente sinxelos de utilizar, aínda que son os causantes de moitos accidentes de traballo. 

Ferramentas manuais: criterios ergonómicos e de seguridade para a súa selección.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS