Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Avaliación dos riscos inducidos polo cambio climático sobre a saúde dos traballadores

02-04-2019 - Axencia Nacional de Seguridade Sanitaria da alimentación, o medio ambiente e o traballo, ANSES

Documento elaborado a requirimento da Dirección Xeral da Saúde e da Dirección Xeral do Traballo francesas sobre os impactos potenciais do cambio climático sobre a saúde e a seguridade dos traballadores/as. Este traballo inscríbese na xestión dos riscos profesionais inducidos polo cambio climático, como unha das accións previstas no 1º Plan nacional de adaptación ao cambio climático (PNACC) do Estado francés.

CONTIDO: 1- Contexto, propósito e métodos de manexo da referencia. 2- Elementos de coñecemento necesarios. 3- Enfoque para identificar as relacións entre o cambio climático e a saúde dos traballadores/as. 4- Sobre os efectos do cambio climático na saúde humana. 5- Circunstancias das exposiciónss profesionais que poden conducir a maiores riscos para a saúde no contexto do cambio climático. 6- Discusión. 7- Conclusións do grupo de traballo. 8- Referencias bibliográficas. Anexos.

Ligazón ao documento “Avaliación dos riscos inducidos polo cambio climático sobre a saúde dos traballadores” (en francés)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS