Financiado por:
/ Recursos Técnicos

A folla de ruta sobre carcinóxenos en vídeo

03-10-2018 - AXENCIA EUROPEA DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

Responsable de máis de 100.000 mortes cada ano, o cancro é a principal causa de mortalidade relacionada co traballo na UE. O 25 de maio de 2016, seis organizacións europeas asinaron un convenio polo que se comprometían a un plan de acción voluntaria para concienciar sobre os riscos derivados da exposición a axentes carcinóxenos no lugar de traballo e intercambiar boas prácticas: a Folla de ruta.

A través deste proxecto aléntase aos Estados membros, os interlocutores sociais, as empresas, os organismos de investigación e outros en toda Europa a participar.

Ata agora, máis de 16 países da UE e 1.000 persoas e organizacións uníronse a esta iniciativa, que pretende concienciar sobre os riscos de traballar con substancias canceríxenas, así como propiciar innovacións nos procesos de produción que conduzan á substitución de substancias  canceríxenas por outras alternativas máis seguras.

Ligazón ao vídeo e á información sobre a folla de ruta sobre carcinóxenos recollida na web da Axencia Europea de Seguridade e Saúde no Traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS