Financiado por:
/ Recursos Técnicos

Índice europeo de calidade no emprego 2005 - 2015

12-06-2018 - ETUI

O European Trade Union Institute ven de publicar un informe sobre a calidade do emprego nos 28 estados da Unión Europea. Entre os indicadores de calidade do emprego empregados no informe están os salarios, as formas de emprego e seguridade laboral, o tempo de traballo e o equilibrio traballo - vida, as condicións de traballo, habilidades e desenvolvemento da carreira laboral, a representación sindical. O Estado español aparece á cola dos Estados da Unión Europea, só por diante de Rumanía e Grecia, cunha puntuación de 3 nunha escala que vai do 1 (peor) ao 10 (mellor).

As puntuacións máis altas corresponden a Suecia (un 7,5), Finlandia (un 8) e Dinamarca (un 9).

O Estado español aparece no informe como un dos estados onde a precariedade laboral é maior e onde máis creceu no período estudado, onde as mulleres sofren máis enfermidades relacionadas co estrés na Unión Europea, (pola sobrecarga entre familia e traballo) ou onde é maior a porcentaxe de traballadores/as en situación de pobreza.

Tamén aparece nos últimos postos en relación as condicións laborais, só por diante de Hungría e Chipre, e en capacitación dos traballadores/as.

Ligazón ao estudo Índice europeo de calidade no emprego 2005 - 2015 (texto en inglés)

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS