Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

A Axencia Internacional de Investigación do Cáncro (IARC), contrata como asesor a un científico que promove o emprego do amianto

05-12-2013 - Amianto

A organización RightOnCanada, unha das máis activas entre as que teñen como obxectivo a eliminación do uso de amianto, mostrouse escandalizada polo feito de que a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), que depende da Organización Mundial da Saúde, nomease como colaborador científico a un funcionario ruso que colabora coa industria rusa do amianto na promoción do uso deste material.

Este doutor traballa no Centro de Investigación Médica Yekaterinburg, unha institución que forma parte do Departamento de Asistencia Sanitaria do goberno ruso. Rusia é o maior exportador de amianto no mundo e o seu principal cliente é a India. O goberno ruso está decidido a facer todo o posible para asegurar que o uso de amianto na India e outros países asiáticos continúe e aumente. A ningún empregado dunha institución gobernamental permitiríaselle manter unha posición que difira da posición do goberno ruso.
O doutor apoiou durante anos a política mineira e de exportación do goberno ruso respecto ao amianto e a posición do goberno ruso de que o amianto crisotilo pode ser "utilizado de forma segura" .
A Asociación Internacional do Crisotilo, o grupo de presión que está financiado pola industria do asbesto en Rusia e noutros lugares, vai celebrar unha conferencia supostamente científica na India o 3 e 4 de decembro para promover o uso do amianto na India.
Os científicos que son financiados por e/ou aliados da industria do amianto efectuarán presentacións que apoian o uso do amianto crisotilo. O doutor nomeado asesor do IARC, presentará a política de estado do goberno ruso de que o amianto crisotilo pode ser utilizado de forma "segura".
Un grupo de expertos enviaron unha carta ao director do IARC, expresando a súa preocupación por esta inquietante situación derivada do conflito de intereses do novo asesor. Senllas copias foron enviada á Directora Xeral da OMS, e ao Comité de Ética da IARC .
Así mesmo existe gran preocupación polos proxectos de investigación do IARC sobre o amianto en Rusia e o nomeamento doutro científico ruso,  como científico colaborador do IARC para o proxecto, pois este científico traballa coa industria do amianto para eliminar as prohibicións propostas sobre o amianto e traballa tamén co goberno ruso para evitar a inclusión do amianto crisotilo como sustancia perigosa en virtude da Convención de Róterdan da ONU.

Fonte: prevencionintegral.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS