Financiado por:
/ Portada / Riscos específicos / Radon

Radon nos lugares de traballo, como abordalo?

21-06-2022 - INSST

Os efectos do radon sobre a saúde investigáronse ao longo de varias décadas. Recentemente, ditas investigacións achegaron probas convincentes de que existe unha relación causal entre o radon en interiores e o cancro de pulmón. A través deste artigo, publicado no Nº 109 da revista Seguridade e Saude no Traballo, o INSST pretende orientar ás empresas acerca de como proceder para avaliar e controlar este risco

O radon converteuse nun problema de saúde pública e laboral e, por iso, no marco da Unión Europea aprobouse a Directiva 2013/59/ EURATOM que rebaixa o nivel de referencia de exposición ao radon tanto para vivendas como para os lugares de traballo.

Ligazón ao artigo Radon nos lugares de traballo, como abordalo?

Ligazón á Directiva 2013/59/EURATOM, de 5 de decembro de 2013, pola que se estabelecen normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes, e se derrogan as Directivas 89/618/Euratom, 90/641/Euratom, 97/43/Euratom e 2003/122/Euratom.

Ligazón á sección específica sobre o Radon da nosa páxina web

Documentos

INSST. Radon nos lugares de traballo. Como abordalo.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS