Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Sanción a Metro de Madrid por tardar dous anos en recoñecer a enfermidade a un traballador con asbestose

10-10-2018 - ITSS

A empresa coñecía en 2016 que uno dos seus empregados estaba diagnosticado de asbestose. A pesares diso, non tomou ningunha medida para protexer ao resto de traballadores ata 2018, pasados dous anos, cando a Inspección de Traballo enviou un requirimento que obrigaba á empresa a comezar a actuar. Só nese momento, Metro de Madrid rexistra ao traballador en CEPROSS, o rexistro de enfermidades profesionais.

A empresa asegura que a notificación de Traballo "é unha proposta de sanción que non é firme" e está suxeita a "alegacións".

O traballador denunciou a demora na actuación da empresa, que a pesares de ter dende 2016 nas súas mans un informe da unidade de pneumoloxía do hospital da Paz, entregado polo afectado nun recoñecemento ordinario, non lle comunicou que estaba recoñecida a enfermidade laboral ata 2018.

O traballador, na empresa desde 1976 e aínda en activo, asegurou en sede parlamentaria que non recibiu ningunha formación nin información específica para evitar riscos. Traballaba sen protección en mantemento nas escaleiras mecánicas, onde se situaban elementos con este mineral potencialmente canceríxeno. O traballador contou que ata hai uns meses non tivo coñecemento do informe de Prevención de Riscos Laborais de 2003 que detallaba a presenza de pezas con amianto en material móbil e estacións, e acusou á de actuar con neglixencia. 

A Fiscalía ten aberta unha investigación e a compañía xa foi multada por non protexer aso traballadores/as expostos a amianto con 191.000 euros.

Fonte: el diario

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS