O sector do ensino ten os riscos psicosociais e as enfermidades da voz como as causas principais de baixa laboral23-11-2015 - SAÚDE LABORALRiscos psicosociais como a sobrecarga de traballo, as demandas relacionais dos alumnos, dos compañeiros de traballo e das familias dos alumnos, a falta de apoio social e de recoñecemento á súa laboura docente, son as principais causas da aparición de estrés, do síndrome bournout e de estados de ansiedade que, rematan por constituir un dos principais problemas de saúde laboral do sector do ensino. |
---|
Na realidade do mundo laboral existe unha elevada porcentaxe de baixas producidas por estrés, que se están a declarar como enfermidade común, co consecuente prexuízo para o traballador e para a sociedade no seu conxunto que está a asumir os custos destas patoloxías a través da Seguridade Social en lugar de facelo a través das Mutuas, como corresponde no caso dunha enfermidade de orixe laboral.
Segundo a Enquisa Nacional de Xestión de Riscos Laborais nas empresas (INSHT 2014), os conflitos con clientes, alumnos e pacientes é o factor de risco máis común no sector educación, sanidade e traballo social (75%).
Os factores de risco psicosocial din as empresas que son os máis difíciles de xestionar e de feito estes factores son os que menos se contemplan nas avaliacións de risco, 55%, fronte aos riscos habituais que se están avaliando nun 79% dos casos no do sector do ensino.