Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

O Consell Juridic Consultiu insta a indemnizar con 10.000 euros unha ATS que contraeu o VIH ao realizar unha extracción

05-09-2012 - HIXIENE

O Consell Jurídic Consultiu (CJC) instou á Generalitat a indemnizar con 10.000 euros unha ATS que se contaxiou de VIH ao sufrir unha picada cunha xiringa mentres realizaba unha extracción a un paciente seropositivo xa que, ademais de producirse no ámbito de traballo, a profesional "non" foi instruída convenientemente no manexo do instrumental".

 

Segundo o ditame, consultado por Europa Press, os feitos remóntanse ao 23 de xaneiro de 2006, cando a muller sufriu a picada dunha agulla dunha xiringa dun paciente seropositivo no polgar dereito mentres realizaba extraccións de sangue. En concreto, produciuse ao retirar o tubo de plástico ou 'vacutainer', cando tirou da goma coa man esquerda e a agulla xirouse ata cravarse na súa man dereita, coa que suxeitaba a envoltura de protección.


A afectada solicitaba o resarcimento polos danos e prexuízos provocados por un accidente de natureza laboral e criticaba, ademais, non ter recibido previamente ningún tipo de formación no manexo de material de bioseguridade, xa que dende que foi instruída por unha compañeira, de forma voluntaria, sempre activa o mecanismo de seguridade nestas extraccións.


Segundo o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais respecto á investigación do accidente "pódese establecer a falta de formación específica en manexo de material de bioseguridade como causa primaria do accidente, un feito que provocou que a traballadora non utilizase o sistema de extracción de xeito axeitada".


O CJC considera que "dado o esforzo económico que para a Conselleria de Sanitat supón a dotación para a utilización por parte dos traballadores de material de bioseguridade, é necesario que todos eles estean formados no seu manexo" e recorda que non hai diferenzas estatísticas entre os empregados que non dispoñen destes sistemas e os que téndoos ao seu alcance non os utilizan correctamente. "Se as hai, en cambio, se os traballadores están formados", resalta o órgano consultivo.


Por todo iso, o órgano considera probado que existe un vínculo causal entre o funcionamento do servizo público sanitario e o dano sufrido pola reclamante ao contraer o VIH.


DISCREPANCIAS NO IMPORTE DA INDEMNIZACIÓN


Respecto á contía da indemnización, a afectada solicitaba unha suma de 400.000 euros, mentres que a Administración ofrecía 3.000 euros "tendo en conta o seu actual estado de saúde, no cal non se pode considerar unha proxección hipotética da enfermidade que a día de hoxe non se produciu".


O CJC, pola súa banda, cifra o quantum indemnizatorio en 10.000 euros ao considerar os factores psicolóxicos derivados do contaxio, dada a idade da muller e a súa esperanza de vida, xa que o feito de que a patoloxía se encontre na actualidade asintomática "leva consigo o padecemento pola incerteza ante a eventualidade de desenvolver unha infección activa de VIH".

 

Fonte: lainformación.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS