Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Condenan a Izar a indemnizar á familia dun traballador morto por amianto

18-02-2013 - AMIANTO

O xulgado do Social de Ferrol condenou a Izar (antes Bazán e actualmente Navantia) a indemnizar con 120.000 euros a viúva e fillos dun traballador falecido como consecuencia da contaminación por amianto. A sentenza establece que debe aboar tal contía Izar, en liquidación, a sociedade predecesora da actual Navantia.

O traballador pertenceu ao equipo do estaleiro ferrolano entre 1972 e 1999 e faleceu en 2011. Estivo destinado na sección de monturas e como tal realizou faenas de forrado e desforrado de conducións de calor cubertas con amianto, porque este material se utilizou profusamente na construción naval ata 1980, no caso de Bazán, e a partir do ano 2002 foi prohibido o seu uso en España, como se fixera bastante tempo atrás en moitos países europeos.

Xa no 2011 a Seguridade Social declarara ao traballador, entón con 64 anos de idade, en situación de incapacidade permanente absoluta para o traballo, incapacidade derivada de enfermidade profesional ao sufrir un mesotelioma pleural maligno, un dos cancros máis mortíferos dos que ocasiona o amianto e que ten unha relación moi directa.

A xuíza Ana Fernández Valentí condena á empresa por danos e prexuízos, dado que foi responsable da enfermidade do traballador ao non ter adoptado as medidas necesarias para evitar que se contaminase con amianto, a pesar de que se coñecía a súa perigosidade. Curiosamente, a Inspección de Traballo nunca levantou acta algunha sobre tal anormalidade no estaleiro ferrolano.

A sentenza absolve a Navantia e outras compañías nas que traballou o falecido como Navalsa, Montaxes Vigo, J. Seijo, Cerámica Arzúa, Estar te e Ecenarro, Rigor, Urones Alonso, Miguel Pascual e Cía, Montaxes Pereira, Pescanova S. A., e Escola de Mestría Industrial.

A sentenza, non obstante, non é firme porque é susceptible de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Condena a Navantia pola enfermidade derivada de exposición a amianto que sofre un traballador de Ferrol 

Por outro lado, a empresa Navantia foi condenada a indemnizar con 40.000 euros un traballador que sofre graves enfermidades como consecuencia da súa exposición ao amianto durante a súa vida activa no estaleiro da ría de Ferrol.

J. M. R. M. ingresara na empresa pública como especialista de movemento e manobra en 1989 e pasou logo á especilidade de axustador montador e estivo destinado en monturas.

Trátase dunha das especialidades na que os traballadores estiveron máis expostos ao amianto, a pesar de que a empresa deixase de utilizalo en obra nova, xa que moitos buques en reparación tiñan aínda como illante este material, cubrindo caldeiras e todas as conducións de calor.

No 2003 foille recoñecida ao traballador demandante unha incapacidade permanente.

 

Fonte: lavozdegalicia.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS