Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

A construción perde máis da metade de afiliados á Seguridade Social dende o inicio da crise.

24-01-2012 - CONSTRUCIÓN

A perda de actividade crecente detectada na actividade da construción dende o inicio da crise situou o paro rexistrado, a pesar da fuxida de demandantes de emprego neste sector cara a outros menos recesivos, en máximos históricos.

Os datos a decembro de 2011 mostran de novo un incremento desta magnitude (3,2%), que é o maior aumento mensual do ano. Nun ano o paro rexistrado sectorial aumentou en 22.816 persoas. Este aumento é de 543.191 traballadores dende xaneiro de 2008.


A evolución negativa do emprego na construción é máis significativa se se observan os datos que arroxa a evolución da afiliación á Seguridade Social. Os afiliados ao Réxime Xeral na actividade alcanzaron en decembro pasado os 845.509 cotizantes, perdendo 1.025.619 cotizantes dende decembro de 2007, nada menos que un descenso do 55%. Decembro mostrou o maior descenso do ano 2011 (-4,9%), o que supón a perda de 160.616 cotizantes nun ano.


Os datos de todos os meses de 2011, excepto en febreiro, mostraron caídas respecto ao mes anterior. En termos interanuais, nun ano perdeuse un 19% da afiliación sectorial á Seguridade Social. A evolución nese ano comparada coa do ano anterior arroxa índices moi preocupantes; todos os meses sufriron caídas interanuais moi por encima do 10%, mostrando unha tendencia negativa crecente mes a mes. Outubro, cun -17,2%, novembro, cun -18,8%, e decembro, cun -19% son a culminación do peor ano que se lembra na construción.


En canto ao Réxime de Autónomos o dato de decembro pasado tamén mostra a magnitude máis baixa dende o inicio da crise. Nese mes e en cómputo intermensual o descenso foi do -1,2%, quedando esta magnitude en 396.111 cotizantes, 162.807 menos que en decembro de 2007. En catro anos, pois, perdeuse máis da metade de afiliados autónomos no sector. En termos interanuais a caída de decembro pasado foi do -6,3% culminando un ano moi  negativo para a actividade con descensos  interanuais  todos os meses de entre o -6% e o -7,5% na afiliación sectorial a este réxime.



Fonte de Datos: INE e fundacionlaboral.org

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS